|
|
|
dubido |
|
dubido
profundamente
abandonar
seguir
coller a auga coas mans
para abrir os dedos
mentres a sede paraliza a lingua?
mergullar a cabeza
cando non hai ondaxe
como un peixe cego?
estirar o corpo todo
desde unha beira a outra
e intentar parar este río?
dubido
profundamente
seguir
abandonar
pousar a man no xeo
e retirar os dedos
antes de que se peguen á superficie xélida
deixar a man un pouco máis
notar a queimadura
e seguir coa man pegada mentres a dor se crava baixo a carne
seguir abandonar
estar
aquí
parada sobre o xeo
e non saber se crebar o seu cristal opaco
na procura do río que o sustenta
(un/setembro/dousmildez) |
|
|
|
5 Comentario(s) |
|
1 |
Seguir sempre, se#blgtk08#n dúbida: seguir. |
|
|
Comentario por paideleo (23-10-2010 19:36) |
|
|
2 |
Dubidar é asegurarse, pens#blgtk08#o. Gustoume, coma sempre. |
|
|
Comentario por Mararía (23-10-2010 23:01) |
|
|
3 |
Seguir xa sigo, ás veces sen dúbida ningunha, mais ... ás veces fai falta moita forza, supoño qu#blgtk08#e cando a reúno entón a dúbida serviu para asegurame.
Un saúdos aos dous.
|
|
|
Comentario por Acuática (24-10-2010 10:43) |
|
|
4 |
Gustoume e moito.
Dubidar dá unha idea de que somos conscientes das#blgtk08# nosas alternativas. E diante da dúbida, sempre adiante.
Un saúdo. |
|
|
Comentario por A nena do paraugas (25-10-2010 07:21) |
|
|
5 |
Grazas nena #blgtk08#do paraugas |
|
|
Comentario por Acuática (25-10-2010 18:01) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|