|
|
|
|
Rendivú |
|
O domingo, nunha asemblea do Centro Cultural da parroquia en que vivo, Peitieiros, un home dixo que aqueles andaban a facer o ?parifé?. Rapidamente anotei a palabra, por se merecía ser investigada, mais non, simplemente fora un erro de dición por ?paripé?.
Porén, a tal expresión lembroume outra, moi común para min, aprendida de meu pai (Matamá, Vigo), que cos anos descubrín que se dicía na miña casa e nalgún outro lugar, ou sexa que é un dito que ten unha distribución tal que entre Vigo e Gondomar (aquí en Peitieiros). É facer o ?rendivú?, ou andar de ?rendivú?, expresión claramente francesa: rendez-vous, que para nós significa render pleitesía a alguén, para caerlle en graza, ter esa actitude. Eu imaxínome que isto do rendivú quedou como expresión orixinada na xenreira contra os franceses, cando a guerra da Independencia, e que converteran o ?rendez-vous? con reverencia e todo, nun retranqueiro rendivú, xogando co dobre significado do francés rendre: ?volver/render?.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|