|
|
|
|
Neno no ano 2000 |
|
 Outra das cousas que atopei nesta reorganización de vultos, foi este poema do ano 1985 cun deseño de Tokio. Era a contraportada da miña carpeta. Por que o titularía así? tan lonxe vía o ano 2000 en 1985?
Neno no ano 2000
Coa mesma lasitude e o seu manto
chega por riba da cidade a brétema.
Pode cantar, pero só fala
cun timbre musical de frauta doce.
Lixos escuros en nubens gallopan,
cabalos esvaídos
que pintou un cativo coas mans cortadas.
O neno mira cos ollos cegos
a cidade coberta.
O neno respira con dificultade na súa burbuxa,
o excitante cheiro do petróleo
que se desprende do tubo de escape
de mil motos sonorizadas.
Din que antes había unha especie
(vexetal?): as flores.
O cativo mírase nas augas infestadas de Orillamar
grasentas e pesadas, escuras,
nas que patinan muxos
arelantes de penetrar nas cañerías.
|
|
|
|
3 Comentario(s) |
|
1 |
E imaxiñaches moi#blgtk08#ta destrucción! |
|
|
Comentario por Mararía (26-08-2010 17:13) |
|
|
2 |
Pois si, non sei ben por que... Se cadra ese temor a unha destrución cada vez máis plausíbel da que o único que non sabemos é a data en que se producirá.
<#blgtk08#br />
Por certo, será a miña ignorancia, mais non dei posto un comentario no teu caderno, dime que non identifica o Openid. Ía dicir que me gusta moito a páxina. |
|
|
Comentario por Acuática (26-08-2010 17:43) |
|
|
3 |
Non sei moi ben cómo va es#blgtk08#o do Openid, pero gracias! |
|
|
Comentario por Mararía (28-08-2010 13:07) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|