acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

cansazo
Durante meses dera en andar acelerada, non había tempo que lle chegase e adiantábase unha vez si e outra tamén. E iso que se fartou de agardar máis dunha vez, por mor de ter chegado antes da hora. Mais, aínda así, seguía indo a esa velocidade incríbel.

Porén, no último mes esmorecía antes da chegada da media noite. Un cansazo enorme inombilizábaa até que non era quen de seguir alerta e sucumbía ás tebras da noite. Todos os días, ás 23:45 h., con puntualidade case británica, apagábase, rendíase e non tiña forzas para acadar o día seguinte. Cumpría empurrala, obrigala a superar a barreira das 00:00 para que fose quen de chegar ao día seguinte.

Na última semana deixábase ir ás 23:20 e xa non había forma. Até onte.

Entón, houbo que tomar medidas drásticas.

As mans expertas do técnico de confianza destripárona. O vello corazón parado foi substituído por un novo corazón. E a pequena e vella máquina volve de novo latir ao ritmo que as miñas veas ditan, marcando cada minuto que pasa.

A vella máquina que me acompaña a cada hora, desde hai tantos anos, e que leva o meu propio ritmo, acelérase ansiosa ou sucumbe ao cansazo, incapaz de enfrontarse a un novo día.

Aseméllame en todo.

En todo.

Menos nesa diminuta batería que a impulsa.

Eu non teño quen ma cambie.
Comentarios (7) - Categoría: foto-poemas - Publicado o 06-07-2010 15:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Pois agardamos que a vostede non lla cambien e que renxa tan ben como até agora aínda que as#blgtk08# veces a percibamos "andar acelerada" :-)

Por moito tempo. E boas vacacións!
Comentario por Nasa (06-07-2010 20:45)
2 Vacacións? Vacacións? Ulas?

Un cambio de batería de can#blgtk08#do en vez, creo que non me viña mal, porque teño unha dor de cabeza...
Comentario por Acuática (07-07-2010 10:14)
3 Um! entón eu recoméndolle unha consulta polo meu faquir (acupuntor). Se ve que non vai a cousa que igual é do tempo ademais se lle pasa como a min ca#blgtk08#ndo se mire coas agullas vai rir un cacho.

Pois cando menos que goce do sol que teñen polo sur e que esa dor pase rapidiña.
Comentario por (07-07-2010 11:48)
4 Con agullas non me vexo, eu seguro que en vez de rir, berr#blgtk08#aba.

O de gozar do sol, xa me gusta máis.
Comentario por Acuática (07-07-2010 17:25)
5 Bo mes este para facer por un ; unha cervexa ao caer a tarde, escoitar, ver,ler sin darlle utilida#blgtk08#de e, sobre todo, deixarse ir a donde o corazón leve a unha, sin reflexión previa nin posterior...
Comentario por loli (11-07-2010 08:33)
6 En dúas semanas penso abandonarme a min mesma, pase o que pa#blgtk08#se...

Saúdos e boas (e merecidas) vacacións.
Comentario por Acuática (11-07-2010 12:20)
7 Ai, Marta! Que la#blgtk08#rgo me lo fiais!
Comentario por Loli (11-07-2010 13:23)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0