|
|
|
|
O mar entra na Academia |
|
?Os galegos somos coma os salmóns. Se queremos buscar as nosas augas puras e primixenias e seguirmos sendo coma nós mesmos, se queremos sobrevivir, sermos fieis á nosa identidade, temos que deixar o ancho mar do castelán e impulsarnos contra corrente, polos cursos estreitos e doces, río arriba, polos nosos ríos galegos, con perigo de topeñar nalgún penedo, ou de sermos comidos por algún oso no camiño.?
Así comezaba o discurso de ingreso na Academia Galega de Bernardino Graña. As veciñas e os veciños de Cangas, e todas e todos os que desexamos acompañar a Bernardino neste momento trascendental para todos e todas nós, puxémonos en pé para mostrarlle ao poeta o orgullo de sentírmonos representadas e representados a través dos seus versos na institución que un día crearon os nosos antecesores.
Non era sen tempo. Era de xustiza. Bernardino ocupa a cadeira que lle corresponde e canda el entraron todo o sal do mar, as maragotas, os arroaces, o gato da tasca mariñeira, as chalanas da ría de Vigo e as mulleres contadoras de historias.
Bernardino falounos dos contos, da importancia da literatura oral que ?é realmente un produto popular, creado polas mulleres de Galicia (tamén polos homes)...? e a través da comprobación do carácter internacional desa literatura que sobreviviu ao longo dos séculos salvando con ela á lingua e ao propio pobo, levounos até o Conto gallego de Rosalía, para afirmar rotundamente, contradicindo a Carballo Calero, que o Conto Gallego si é un conto feminista, digno de Rosalía.
Parabéns querido e admirado Bernardino Graña.
|
|
|
|
4 Comentario(s) |
|
1 |
Non sabes o leda que quedo de ler teu comentario. O facebook volcouse nos#blgtk08# premios Xerais.Si empezamos a desbotar intelectuais imos quedar horfos. |
|
|
Comentario por Loli (15-06-2010 13:22) |
|
|
2 |
Pois Bernardino ben se merece que nos volquemos nel, e o seu discur#blgtk08#so é digno de ser escoitado, lido e relido, unha dose de dignidade. |
|
|
Comentario por Acuática (15-06-2010 14:58) |
|
|
3 |
Bernar merece o noso apoio todo e máis.#blgtk08#r />
Xa tardaban en chamalo para a RAG. |
|
|
Comentario por Hermaco (17-06-2010 00:11) |
|
|
4 |
Concordo Her#blgtk08#maco
|
|
|
Comentario por Acuática (17-06-2010 16:42) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|