|
|
|
|
Presentación en Vigo de Feijóo o galego e nós |
|
O xoves presentamos en Vigo, concretamente en Librouro, o libro: Feijóo, o galego e nós. Había dúas fotógrafas, incháronse a sacar fotos, tivemos que posar mesmo, mais ao día seguinte soamente saía unha anotación diminuta no Faro de Vigo, mais nada. Tanta foto e para que. É a historia de sempre.
Pois para presentar este libro estabamos o seu coordinador, Xosé María Álvarez Cáccamo, e Manuel Bragado, Henrique Harquindey e eu mesma. Durante máis dunha hora falamos do libro e sobre todo da nosa lingua, dos ataques reiterados e premeditados á nosa lingua. O público era un público entregado.
Foi un acto reconfortante, de autoafirmación, de diálogo. E o libro un libro necesario, útil para lembrar con exactitude todo o que foi pasando, como o recibimos, como respondemos, como estamos dispostos a continuar.
Rematei a miña intervención dicindo que temos motivos para a esperanza, porque somos máis, moitos máis os e as que hoxe e mañá loitaremos polo noso idioma. E temos a razón da nosa parte.
Adiante! |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|