acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Sen opción
arquivo Marta DacostaSorprendeume que a nova do día do libro fose o abandono da escrita profesional por parte de Suso de Toro, unha nova que se tiña de producir dun momento ao outro, despois de ver o seu nome na adxudicación provisional do Concurso de Traslados. Mais é así, es noticia cando morres.

En todo caso, o feito suscitoume unha reflexión, sobre o tempo para a escrita, e sobre ela escribín esta semana en A Nosa Terra, quedando coa sensación de que o espazo de 1600 caracteres non me permitiu expresarme con todos os matices.

Este é o artigo:

Sen opción

Unha das novas do día do libro foi o abandono da escrita profesional por Suso de Toro. Máis alá do caso concreto, o feito de que un autor galego abandone a profesionalidade, cando pouquísimo son os que exercen como tales, é unha mala nova para a cultura galega. As escritoras e os escritores (léase tamén, debuxantes, actores, músicos...) temos debatido sobre o tema e, debo dicir que, conforme van pasando os anos, a miña opinión muda e cada vez valoro máis chegar a poder ter a oportunidade de dedicar máis tempo á escrita, pois a realidade é que, ao final, somos escritoras que imos aproveitando as sobras do tempo, para dedicarnos a un traballo, traballo si, que valoramos por enriba de todo e que entendemos necesario. Nese sentido, ter tempo propio para a escrita, e para elaborar a escrita, é unha cuestión central, porque aspiramos a que a nosa obra teña o recoñecemento que merece todo produto cultural, un produto que ten un valor engadido, que é resultado de horas de dedicación e formación, que está no mercado e sofre as leis de mercado, que xera plusvalías e beneficios. Mais a cousa xa non é se queremos ou non ser profesionais ou cales poderíamos considerar vantaxes e inconvenientes da profesionalización. A cuestión é que non temos a opción e iso porque non se aposta pola cultura como un sector profesional que é, un sector que crea postos de traballo, que ten máis demanda da que pensamos e que pode non só estar á marxe da crise, senón mesmo contribuír a remontala, ao tempo que dignificamos a cultura de noso. Mais non temos a opción, e deberíamos reflexionar sobre o que iso significa.
Comentarios (2) - Categoría: artigos - Publicado o 02-05-2010 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Xa se sabe que o que non se come non val nada.

Mais os arquitectos, advogados, etc, estes que teñen un #blgtk08#bo estamento profesional (e millor pare eles, eh?) ninguén lles chora unha minuta, aínda que logo se lles caia a casa.
Comentario por hermaco (05-05-2010 15:13)
2 Coincido plenamente co teu artigo e entendo, como ti, que é negativo que un escritor profesionalizado como Suso de Toro abandone esa exclusividade voluntariamente aceptada. Máis negativo sería aínda unha retirada total do autro, xa que independentemente dos gustos de cada quen, cada escritor que se perde é unha perda para o idioma. Máis debo apuntar aquí unha dúbida que agardo que non se tome por ruín nin malintencionada:
E non será parte fundamental na decisión de Suso de Toro algo tan mundano como o feito de que como funcionar#blgtk08#io docente en excedencia que é precisa retornar ao traballo e cotizar uns anos máis para garantirse unha xubilación decente?
Creo que pode ter algo que ver e non me parece mezquino por parte do autor, senón normal e necesario. o peor de todo é que de ser certo o que supoño a noticia é aínda máis triste: un dos maís importantes escritores en lingua galega pola relevancia social e libros vendidos non só precisa abandonar a literatura full-time no presente senón como necesidade vital de futuro. Ergo, a literatura galega non cotiza.
Comentario por uzal (14-05-2010 00:14)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0