|
|
|
|
bosques de poesía |
|
Dóeme a terra
porque a levo dentro.
No oco dos osos teño terra negra
e landras de carballo.
Dóeme a terra da alma,
as vísceras, os cogumelos dos ollos
nos outonos perennes,
cando son lebre amedrentada.
A terra da carne dóeme
e as árbores que levo nas entrañas.
Poema do libro Pel de ameixa.
21 de marzo
Día da poesía
Día da árbore
|
|
|
|
2 Comentario(s) |
|
1 |
Fermoso poema e moi acaído para ese día.<#blgtk08#br />
Parabéns e grazas por mostrárnolo. |
|
|
Comentario por Eva G. Rei (22-03-2010 11:39) |
|
|
2 |
Moitas gr#blgtk08#azas Eva. |
|
|
Comentario por Acuática (22-03-2010 16:20) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|