acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Estudar en galego é o noso dereito!
foto www.cig-ensino.com
Este é o artigo que escribín o derradeiro día do ano para www.gznacion.com:

Estudar en galego é o noso dereito!

Aprendéronnos que o 30 de decembro foi a data en que chegaron os restos do Apóstolo Santiago a Compostela. Certo ou falso, este mito deu pé a que a capital galega se convertese en lugar de peregrinación e durante a Idade Media pasase a ser unha das cidades máis importantes de Europa, núcleo dunha cultura en auxe que fixo do noso idioma unha lingua coñecida e recoñecida.
Precisamente esa data foi a que escolleu o presidente da Xunta, Núñez Feijoo, para darlle unha volta máis ao garrote deseñado para reducir a presenza do noso idioma. Curiosa data, especialmente elixida para minimizar as protestas dos irredutíbeis callaeci que seguimos empeñados en reclamar o que é noso, porque é xusto e de dereito.
Calcularon a data, convocaron consello, e atopáronse con que os callaeci non quedaron estupefactos, senón que se atreveron a lle convocar unha concentración na porta do pazo. E cambiaron o lugar da reunión perversa, sentáronse na mesa e nas cadeiras compradas polo presidente anterior, as cadeiras e a mesa que tanto criticaron, mais que agora estrearon sen reparo, coma quen se pecha nun búnker insonorizado do bombardeo exterior.
E os infatigábeis callaeci, non contentos con se xuntar uns miles no Obradoiro, van e saen na procura do Presidente e os seus Conselleiros, porque queren ser testemuñas, e mentres van indo son cada vez máis, máis e máis, aínda que a chuvia cae persistente, uníndose ao coro de voces que non calan, para lembrarlle do outro lado da ventá que ?na Galiza, en galego, é o noso dereito?, e as mesmas palabras de Pondal, abaladas nun coro extenso e profundo: mais só os iñorantes, os férridos e duros, imbéciles e escuros non nos entenden non!.
Agardaron á noite para presentar a súa nova gadaña contra a lingua. O que son as cousas. Este presidente era o vicepresidente da Xunta cando Celso Currás, conselleiro de educación do derradeiro goberno de Fraga, recoñecía que o dominio lingüístico do alumnado non era o que se establecía na Lei de Normalización Lingüística e por iso se ía levar ao Parlamento un Plan Xeral de Normalización que fixaba que un mínimo do 50% das materias deberían ser impartidas en galego. Un plan que baixo a vicepresidencia de Núñez Feijoo foi aprobado por unanimidade e que o goberno presentaba como o plan para acadar a igualdade dos idiomas en Galiza. Arrepíntese Núñez Feijoo do seu labor como vicepresidente en 2004?
Os callaeci len e relén este produto da irresponsabilidade do goberno que se atreve a presentar un borrador que non só conculca os nosos dereitos lingüísticos, senón que mesmo podería dar lugar a novos conflitos para os centros educativos: preguntas por aquí, enquisas por alá, que se este en galego, que se o outro en castelá, que neste cole así, que nesoutro asá: a desigualdade na educación, a conflitividade nas comunidades educativas, iso é o que propoñen.
Os callaeci en idade escolar tamén len e relén o infame anuncio e pregúntanse se agora van ter que cursar ?Historia de Galiza? in English: It?s incredible!. Ou Física e Química! Como xa era doada a materia, agora en inglés que así enténdena mellor: these governors of PP are seriously ill!

Pola nosa lingua, nin un paso atrás. A CIG-Ensino xa anunciou a súa firme determinación de non participar en ningún tipo de manobra confusionista que avale este ataque ao noso idioma. A Plataforma Queremos Galego volveu anunciar onte que o día 21 temos unha nova cita pechando as aulas de todo o país, saíndo á rúa na defensa do noso idioma. Aí estaremos de novo, outra vez sumando cada vez máis apoios, como onte sumabamos andando Compostela: porque estudar en galego é o noso dereito! Folga o 21 de xaneiro!

31 de decembro de 2009.
Comentarios (7) - Categoría: artigos - Publicado o 02-01-2010 09:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Eu non entendo nada. Ao mellor estou algo m#blgtk08#aior para isto.
Bo artigo. Parabéns!
Comentario por A nena do paraugas (02-01-2010 18:54)
2 Non estás maior, é que unha mente normal#blgtk08# non pode entender moitas destas cousas.
Comentario por Acuática (03-01-2010 00:03)
3 Hai quen quere facernos parvos, vendernos colares a cambio de dignidade, mais ese tempo xa pasou,#blgtk08# pola língua e por todo o pouco conseguido nos últimos tempos, nin un paso atrás, por dignidade!.
Comentario por Hermaco (03-01-2010 09:48)
4 Nin un paso atrás,#blgtk08# sempre en galego!
Comentario por Acuática (03-01-2010 11:23)
5 Alí es#blgtk08#tiven
Comentario por ekis1331 (10-01-2010 17:00)
6 Pois vaia anotando na súa axenda as seguintes citas. A do#blgtk08# trinta foi unha mobilización ben importante para todos.
Comentario por Acuática (10-01-2010 19:00)
7 Voltei a Madri#blgtk08#d... imposible
Comentario por ekis1331 (11-01-2010 02:11)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0