acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Bruno Schulz
Portada de As tendas de canela finaVeño de ler As tendas de canela fina de Bruno Schulz por recomendación dun amigo que me pediu que reparase na conexión coa narrativa galega a certa altura. E si, a atmosfera creada por Schulz semella a mesma que se respira nalgúns textos da nova narrativa galega.
Entrar nas tendas de canela fina é entrar nun territorio coñecido e ignorado, nocturno, cambiante, exuberante, atraente. É como entrar no xardín retratado nalgúns dos relatos en que a vexetación non cabe nos seus límites e invade outros espazos.
O libro clasifícase como ?conxunto de relatos? e propiamente o autor fai de cada capítulo un relato que se suma aos outros relatos-capítulos para construír unha historia que é a visión surrealista da súa familia e a súa vila.
Paga a pena a lectura deste libro para mergullarse na exuberancia verbal e descritiva do autor, pois iso é fundamentalmente o libro, un fresco tenebrista que se detén na exactitude descritiva até o último detalle.
Gustei especialmente da descrición dos maniquís, da vida da madeira ou o acceso de cólera da tía Perazja.
Na súa web pódense ver algúns dos seus debuxos, tan intensos como as súas palabras.
Comentarios (0) - Categoría: libros - Publicado o 29-12-2009 14:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0