|
|
|
|
este ano vou mandar unha postal |
|
Señor Presidente:
Neste 2009 que remata, o noso pobo demostrou sobradamente que quere o seu idioma e desbota calquera tipo de retroceso na súa normalización. Agardo que aproveite o Nadal para reflexionar e mudar a súa política lingüística. Aínda está vostede a tempo de rectificar e facer posíbel que 2010 sexa o ano do necesario impulso que o noso idioma precisa. Nese camiño atopará, sen ningunha dúbida, o apoio da inmensa maioría da sociedade que quere unha lingua milenaria que sente como parte imprescindíbel de si.
Eu quero galego e deséxolle que en 2010 vostede tamén queira galego. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|