|
|
|
|
Querería que alguén me agardase nalgures de Anna Gavalda |
|
Había tres anos que o libro andaba dun lado para outro, nunha desas moreas de libros que agardan a ser lidos. É un libro pequeno, mais demorou algún tempo máis porque esixía un esforzo suplementario, xa que foi adquirido para ser lido na súa lingua orixinal.
Compreino en Iparralde, e agora que volvía atravesar os Pirineos cara ao norte, pensei que era a mellor opción de lectura para as dúas horas de avión. E foi. Descubrín uns relatos magníficos, gocei co inesperado dalgúns deles, relín páxinas enteiras ansiosa de lle exprimir todo o significado buscando unha por unha as palabras que adiviñaba, mais non coñecía. Con este Je voudrais que quelqu?un m?attende quelque part abrín o meu apetito literario por outras obras de Anna Gavalda.
Creo que os que máis me impresionaron foron ?O feito do día? e ?Catgut?, mais non deixei de me sentir identificada con ?Epílogo?. Mentres lía o relato pensaba como reaccionaría eu mesma nunha situación coma esa. Oxalá tivese a ocasión de comprobalo, mais os editores galegos, cando declinan a publicación dun libro, non marcan unha reunión e lle din á autora na súa cara que ?non lle oculto que no seu manuscrito hai cousas interesantes e que vostede ten un certo estilo mais (agora veñen as consideracións sobre as persoas que escriben en xeral e o duro oficio de editor en particular)... Nós non podemos no estado actual das cousas e por razóns que vostede comprenderá facilmente publicar o seu manuscrito. En todo caso, eu seguirei con moita atención o seu traballo e saiba que eu poñerei sempre a maior atención. Xa está?.
E aí te quedas.
Unha tarxeta, un correo, e boas palabras sobre o orixinal, se cadra, mais a desculpa de que xa teñen marcada a publicación de varios libros durante un tempo importante.
En 1998 enviei Setembro a unha editorial. Afortunadamente respondéronme moi rápido dicíndome que tiñan comprometidos varios títulos para a colección até dous anos despois e que, por tanto, non podían publicar este orixinal. Eu xa imaxinara que sucedería algo así. Faltaba un día para rematar o prazo de entrega para o premio Martín Códax, e leveino a unha empresa de transporte urxente. O libro está publicado. Gañou o certame. E iso que eu pensara que non cumpría que me seguira presentando a certames literarios.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|