acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Día da poesía en Montevideo

Contaba o outro día que hoxe é para o Patronato da Cultura Galega de Montevideo o Día da poesía, para celebralo a súa Xunta Directiva acordou dedicarlle á miña obra esta 17ª edición. Xa dixen entón que estaba abraiada e afagada. Xa falei tamén da importancia deste tipo de actos aquí e alén, en tanto en canto serven para manter vivas as nosas conciencias.

Como dixen entón, para corresponder á xenerosa proposta do Obradoiro de Declamación, colocaría hoxe na miña xanela un poema inédito. E velaquí, un poema escrito hai uns días.

Grazas Ana, Ana, Mari Carmen e Maribel
Unha aperta a todas e todos desde este lado do Atlántico.

no centro do areal
sinalas a dirección do vento
mentres unha voz murmura
e murmura

voz que non acompaña
que deseña sobre ti o nidio perfil da soidade
que te agarra do brazo
para que te deteñas
e escoites a súa ladaíña
atendas a súa queixa
pares a túa vida mentres ela
envorca sobre ti o seu mercurial lastre
que se deposita nas plantas dos pés
que petrifica os peroneos
e entón as pernas chántanse no centro do areal sedento
e nin sequera o vento violento pode arrancarte dese formigón
armado no metrónomo imperfecto
que golpea toc contra a tarde toc
un compás toc vertixinoso

cando abres as mans
para mostrar as feridas entregadas
xa non hai ningunha voz
os tímpanos aterecidos non recollen
nada, a vibración cesou
o silencio é absoluto
como unha manta gris que te oculta
e desapareces
como unha figura deseñada con carbón frío
que se vai borrando pouco a pouco

ninguén te ve
ninguén percibe a túa presenza muda

o vendaval varreute
Comentarios (0) - Categoría: foto-poemas - Publicado o 11-12-2009 14:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0