|
|
|
|
Baixo Miño |
|
Onte chegou a casa este libriño. Non podo negar que me alegrou a tarde. Debe haber un par de anos que se escribiu. E agora xa ten corpo. É unha guía de viaxe do Baixo Miño feita desde un punto de vista literario.
Procurei que non faltase a información propia dunha guía e ao tempo inserir textos de todos os autores e autoras que tiveron ou teñen algo que ver co Baixo Miño ou que escribiron sobre a comarca.
Por ese motivo pechei o texto cos este poema de As amantes de Hamlet:
Tamén eu de ollos verdes prendidos
ignorando a vertixe da fervenza
e a certidume dos pozos
(inmensos pegos)
andei o camiño de leite que Lúa deu
e convertinme para sempre en afogada,
tamén eu,
que coñecía as lendas e os perigos
tamén eu andei na Poza Maior
e aínda que os meus cabelos non eran negros
quixen o corpo esvelto
que Lúa levou sen présa
ao fondo da poza
ao silencio definitivo da auga
a illa estaba
do outro lado da noite |
|
|
|
5 Comentario(s) |
|
1 |
Parabens polo libro. A min o poema levoume a outra viaxe http://sarmientobibli#blgtk08#oteca.blogspot.com/2009/10/dos-puntos-de-vista.html, e non sei mui ben porque |
|
|
Comentario por Loli (02-10-2009 18:14) |
|
|
|
|
3 |
Grazas Paideleo.
Curiosa asociación Loli. Desde logo a canción é magnífica, eu sempre a coñecín na versión da Piquer, a través da voz de miña nai (esa e outras moitas coplas). Curiosa e satisfactoria, porque ao fin escribimos para iso, para provocar emocións inclaculábeis. E así tamén fico eu a saber que Marta Sánchez fixo unha versión desta desgarradora canción.
En canto teña oportunidade falarei da xénes#blgtk08#e deste poema e doutros, porque ten a súa propia historia e quere ser unha homenaxe á literatura de tradición oral, convertida neste libro en fonte de inspiración. A lenda era a de "A dama da Poza Maior", unha poza que realmente ten ese nome, en Mougás, Oia, e que basicamente consiste en que unha muller de longos e negros cabelos, de ollos verdes e cuberta cunha prenda escura, emerxía das augas da poza nas noites de lúa chea. |
|
|
Comentario por Acuática (03-10-2009 13:46) |
|
|
4 |
Haberá que percorrer eses camiños unha vez máis, co libro n#blgtk08#a man, a ver se se descubren novos tesouros desapercibidos. |
|
|
Comentario por hermaco (06-10-2009 22:13) |
|
|
5 |
Eu tamén hei de facelo, porque sempre queda#blgtk08# algo por descubrir, e menos mal que é así. |
|
|
Comentario por Acuática (06-10-2009 23:57) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|