acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Galega?
Celda 211. O Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia fotográfase orgulloso ao lado de Luís Tosar, protagonista do filme. O Conselleiro viaxa a Venezia, á mostra, para acompañar a presentación do filme, para demostrar o apoio institucional galego. Posa orgulloso e satisfeito no fotocol veneciano. Celda 211 está financiada en parte pola Compañía da Radio Televisión de Galicia, é dicir, con diñeiro público galego. O director é galego. Varios actores son galegos. Mais se procuramos información sobre a película veremos que a ficha di: película española baseada nunha novela de Pérez Gandul quen narra un motín nun cárcere sevillano e que foi rodada nun cárcere de Zamora.
A Tele galega presume da súa participación no filme, chámalle ?película galega? (tamén é certo que hai que xustificar a inversión). En Tele 5 informan da grande acollida da película española en Venezia, falan de Luís Tosar, de Alberto Ammann, de Antonio Resines, emiten imaxes, non informan de quen é ese home de traxe gris ou azul que sorrí mostrando todos os dentes ao lado de Luís Tosar. Só algunhas galegas sabemos que é o Conselleiro que nos representa. En Tele 5 non contan que a película ten financiamento de diñeiro público galego. Na Primeira falan do Festival, dos filmes que obtiveron máis recoñecemento, non falan de Celda 211. Mágoa, porque parece que é unha magnífica historia.
Outra vez o mesmo de sempre. Seguimos na nora da confusión. Cómo é posíbel? Até un adolescente entende a situación e á hora do xantar, cando escoita na Galega iso de ?película galega?, pregúntalle aos seus pais se no noso país imos poder ver a película en galego, porque iso é o que nos queda para preguntar, se a imos ver en galego, se despois de pagala imos poder vela no noso idioma. Os pais non responden, tal vez porque están pensando que a nora da confusión volve ser movida polo mesmo burro de sempre (con perdón para o burro, nobre animal onde os haxa), e que outra vez nos dan gato por lebre e nos falan dunha película galega cando non o é, porque se o for expresaríase no idioma de noso, presentaríase ao mundo como tal, e non é así, só hai que ler a prensa, ver a tele, navegar pola rede e comprobar como se recensiona o filme.
E chegar así á pregunta final, é este o modelo de cultura galega que pretende fomentar o Conselleiro Varela en nome da Xunta de Galicia?
Por favor, non respondan.


Este é o artigo enviado a A Nosa Terra.
Comentarios (4) - Categoría: artigos - Publicado o 11-09-2009 14:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Xa lera o artigo no papel. Tes toda a razón. Esa é a idea que te#blgtk08#ñen da cultura galega (poñer cartos para fogos de artificio...)
Comentario por náufrago (13-09-2009 16:07)
2 Xa lera o artigo no papel. Tes toda a razón. Esa é a idea que te#blgtk08#ñen da cultura galega (poñer cartos para fogos de artificio...)
Comentario por náufrago (13-09-2009 16:07)
3 Si. E facernos parvos. Desvirtuar o #blgtk08#que significa ser galego ou galega.
Comentario por Acuática (14-09-2009 08:26)
4 mirar que lo sepais la pelicula costo 4 millones #blgtk08#de euros y la xuta dio 200.000 euros vale
Comentario por nieves (27-10-2009 22:32)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0