|
|
|
|
Premio Victoriano Taibo |
|
 (imaxe da roda de prensa realizada en Morgadáns: Marta Dacosta, Miguel Mouriño, Carlos Méixome e Gonzalo Navaza. Tamén se pode ver case en primeiro plano o libro gañador da edición de 2008, Cultivos transxénicos de Carlos Negro)
Hoxe demos a coñecer o fallo do premio Victoriano Taibo. Que sorpresa! para nós tamén!
Foi ex aequo e por se non abondaba un dos libros está escrito a catro mans, así que en breve contaremos con dous novos poemarios na rúa: Cuarto minguante de Carmen Caramés e Biografía da multitude de Elvira Riveiro e Silvia Penas.
Como xurado quedamos satisfeitos do alto nivel dos poemarios en xeral, o que nos fixo darlle varias voltas ao tema até converxer en outorgar un premio ex aequo a dous libros ben diferentes e que dan conta da pluralidade poética que tivemos antes nós este mes de agosto. O fallo foi por unanimidade.
Parabéns ás autoras |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|