|
|
|
|
Sabor a chocolate |
|
"Escribir comezou producirlle pracer, un pracer íntimo e silencioso, un recollemento onde se atopaba consigo mesma a soas e que lle daba unha paz que até agora non coñecera" Fala de Eleanor Trap, a sobriña de Adrian Troadec, que fixo unha fortuna cunha pequena fábrica de chocolate que logo medrou grazas aos encargos dos americanos que participaran na Segunda Guerra Mundial. Eleanor transformou a fábrica, converteuna na gran fábica de choloclates Trap.
A novela titúlase Sabor a chocolate e o deseño do libro é o dunha tableta de cholocate, un deseño acaído para unha novela en que o chocolate, o seu sabor, é un elemento central: Adrian Troadec pensa en como namorar a Alma, unha violoncelista que toma doces despois dos ensaios, e así xorde unha fábrica de chocolate.
Esta novela de José Carlos Carmona foi gañadora do XIII Premio Universidade de Sevilla (fáiseme curioso que sinalen como feito meritorio que presidía o xurado Arturo Pérez reverte...). Lese de seguido, a novela vai tirando da lectora, e vai deixando ante ela unha historia que coma os elos dunha cadea vai enganchando ante nós personaxes varias e as súas vidas.
A novela está construída nunha especie de estilo de xustaposición en que as pequenas biografías se van sumando para dar lugar á historia da familia que construiu chocolates Trap. Por outro lado está escrita cunha forte predilección polas cláususlas simples, de frases breves en parágrafos breves.
Sabor a chocolate é unha historia fermosa que fala da vontade e do desexo por acadar os nosos soños, malia a amargura.
|
|
|
|
2 Comentario(s) |
|
1 |
Parece que con ese título deixa o sabor mesmo da libr#blgtk08#a de 70% chocolate. Xa nos abriu o apetito de ler Ac. |
|
|
Comentario por Hermaco (03-08-2009 09:22) |
|
|
2 |
Chocolate amargo e negro, moi negro, ese é o que a min me gusta... Agora até son quen de saborear o de 90% de #blgtk08#cacao, lentamente, claro.
O libro tal vez non chegue a esa pureza do 70%, mais sempre se pode saborear. |
|
|
Comentario por Acuática (04-08-2009 09:50) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|