|
|
|
|
Manifesto da Asociación de Escritores |
|
Este 24 de xullo leremos na Alameda de Compostela, ante a estatua de Rosalía, o manifesto da AELG, que remata así:
"Por iso, señora da nosa voz, da nosa palabra e do noso alento, estamos aquí para nos conxurar en loita contra quen queira varrer a nosa palabra. Para mostrar a nosa fortaleza, para asegurar que nunca faltará un home, unha muller que lle cante e fale aos fillos, aos netiños, na nosa lingua, que o faga co agarimo de quen transmite un ben valioso e coa rabia de quen se resiste a perecer, esa rabia da que nace a paixón e a loita. Como dixeches ti, xa vai para cento trinta anos:
Si, si, rabear ben forte,
mas ca rabia picante e aguilloeira
que é salsa apetitosa das paixoes." |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|