|
|
|
|
Vermello |
|
Camiñei as rúas de Estambul, cheirei os aromas da cociña, comprendín a Sekure, escoitei o difícil equilibrio das conversas co seu pai, diálogos correctos en que cada un di o que o outro agarda que diga, mais é quen de comprender que son outros os seus desexos. Comprobo a distancia entre o que dita a moral e o que se desexa, estou dentro dun mundo co que nada teño que ver e vou entendendo como se entretecen os seus fíos, mentres asisto a un debate de fondo de se hai límites para a capacidade creadora do ser humano e se o ollo humano pode emular a visión de Deus. Os ilustradores debátense entre seguir fielmente a tradición dos antigos mestres que situaban todos os obxectos ao mesmo nivel ou imitar os occidentais introducindo a perspectiva e o realismo na pintura, algo que aínda convertía esta arte nun pecado maior, xa que o Corán prohibe a ilustración. Entrei nunha historia absolutamente local e concreta, mais que na súa concreción é unha parábola universal sobre a capacidade de creación, ou sobre os límites que os humanos nos autoimpoñemos en nome da relixión. Así que cando lía ?Chámome vermello? de Orhan Pamuk non podía deixar de pensar en Castelao, naquelas palabras súas: ?Somentes preservando as nosas enerxías autóctonas, a nosa capacidade creadora, é como poderemos contribuír á civilización universal incorporando a ela as nosas tradicións inéditas.? Aceptamos a Pamuk como un escritor universal e lemos, traducida, a súa historia local, que nada ten que ver con nós, mais que nos ensina que só sendo nós mesmos, reflexionando sobre a nosa identidade, chegaremos a todos e estaremos no mundo.
Este foi o artigo desta semana en A Nosa Terra. |
|
|
|
3 Comentario(s) |
|
1 |
Xa había tempo que non pasaba por aquí. Para esta nasa sempre é un pracer pasar#blgtk08# por lugares tan evocadores e salgados. Un saúdo e graciñas pola foto.
|
|
|
Comentario por Nasa (17-07-2009 22:16) |
|
|
2 |
As grandes novelas, os autores universais e permanentes son os que verdadeiramente transcenden o seu ámbito e o localismo, aqueles en que podemos recoñecernos.
O resto#blgtk08# lévaos o tempo consigo.
Esa é unha das características que se recoñecen en Pamuk e especialmente nesa novela de que vde fala.
Volverei por este blog. Saúdos. |
|
|
Comentario por Kaplan (18-07-2009 00:03) |
|
|
3 |
De nada Nasa. Trabálleme moito.
Kaplan, certamente, mais para min era a evidencia #blgtk08#que lles resposta aos que se negan a si mesmos e aras dun universalismo mal entendido. Un saúdo. |
|
|
Comentario por Acuática (19-07-2009 11:00) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|