|
|
|
|
CANCIÓN PRA AGARDAR UN NOVO DÍA |
|
 Canto precisamos da palabra do Poeta:
Non podemos durmir, anque é de noite
porque temos que chamar polos irmaus,
anque a sombra i o vento nos escoite,
anque nos aten espritos, pés e maus.
Anque o noso carro parta polo eixe
e coma o demo beleza e poesía.
Anque o sono ronde e non nos deixe
saír cara ao sol, á luz do día.
Non podemos durmir anque a canseira
nos peche o corazón, ollos e mente.
Temos que espertar. E nesta xeira
berrarlle a todo o mundo, a toda a xente:
?!Estamos enterrados entre nebras,
estamos afogados entre prantos!
Temos que basoirar tódalas tebras,
sepultar os arrepíos e os espantos!
¡Temos que encamiñarnos pro albor
i andar pola chao com pé seguro
¡Temos que sementar amor e máis furor
pra colleitar espranza e máis futuro!?
Manuel María, Canciós do lusco ó fusco.
|
|
|
|
2 Comentario(s) |
|
1 |
Pero se parece que #blgtk08#o escrebiu onte!!. |
|
|
Comentario por Hermaco (15-06-2009 16:02) |
|
|
2 |
Esa é a cuestión, parece que o escribiu hoxe, hoxe mesmo, canta falta nos fan os seus versos, e os textos de Agustín Fernánde#blgtk08#z Paz e os de moitos outros.
P.D. Por certo que este sábado é a homenaxe, merecidísima, a Fdez Paz en Vilalba. |
|
|
Comentario por Acuática (15-06-2009 23:34) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|