acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Selo violeta
Milprimaveras agasállame co Selo de Cor Violeta. Eu recibo o agasallo agradecida e acepto a proposta, despois de ver como este selo, dunha das cores máis fermosas do mundo, vai levando a súa maxia a través desa liña difusa da rede, ocupando un espazo cada vez maior.

Que significa este agasallo?: ?O Selo Violeta representa as sensações que a cor violeta traz para a nossa mente. Este prêmio é dado aos blogs que têm algumas das sensações da cor violeta. São algumas delas: magia, encantamento, graciosidade, magnetismo... e tudo aquilo que parece mágico".

Como temos que cumprir os requisitos para estar envoltos nesta mensaxe de maxia, aquí deixamos as regras para aceptar o Selo Violeta:

- Exhibir o Selo Violeta no blog xunto coas regras.
- Indicar cantos blogs consideras que merecen este selo.
- Avisárllelo aos indicados, non hai que esquecerse diso!
- Escribir dous poderes máxicos que imaxinaches ter.

Así que declaro que para min son Blogues Violeta, entre outros:

A canción do Náufrago
Estás a falarme a min?
Nasas
Papiros de Hermaco

Canto aos poderes máxicos que imaxinei ter, declaro:
1) Que até días pasados tiven o máxico poder dun dente de leite, un dente que viviu 41 anos na miña boca, a través do cal mantiven unha certa inocencia que me permite comezar de cero en calquera momento, ofrecer sempre o beneficio da dúbida. Creo, que por mor da longa vida do meu dente de leite, hei conservar esa ?inocencia?, porque xa estou tan afeita...
2) Polo mesmo motivo até agora tiven 33 dentes, o que me deu o poder da forza, a persistencia, a vontade necesaria para continuar sempre, como agora mesmo que me decidín a exhibir o meu dente oculto tantos anos.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-04-2009 15:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Menudo honor recibir semellante distinción da dúa man Ac. Non perda tan valios#blgtk08#o talismán aínda que non esté xa no seu sorriso. Grazas, farei bo uso, Bikos.
Comentario por Hermaco (25-04-2009 11:12)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0