|
|
|
|
Dálle á lingua |
|
Este é o artigo que se publica na Nosa Terra desta semana, a miña forma de darlles os parabéns ás rapazas e aos rapaces dos Comités e animalos a seguir adiante. Sei que o farán. E é que nos fai moita falta.
DÁLLE Á LINGUA
Así se nomeaban as xeiras sobre a lingua galega que organizaron as rapazas e os rapaces dos Comités na Universidade de Vigo desde o 15 ao 17 de abril. Correspondeume falar de lingua e literatura o día 16 e foi un acto tan axeitado, tan necesario que quero felicitalos desde aquí e pedirlles que sigan por este camiño de futuro.
Cando comecei a miña intervención rescatei da memoria as vivencias de 25 anos atrás, cando a UVI non era universidade e unha cuadrilla de toliños demos en pór en marcha os Comités Abertos de Estudantes (CAE). Antes do 84 xa estaba a cousa algo revolta, peches en Filoloxía Xermánica por mor das inxustizas pedagóxicas, asembleas e mobilizacións para acelerar a democratización do Colexio Universitario, ou sexa, da Universidade de Santiago daquela. E cando eu cheguei a cousa seguía, e fixemos actos en prol da lingua, aínda conservo unha pegata do ano 87, ?Pola normalización lingüística. Non teñas medo, fala galego?.
Xa lles dixen que nós eramos español falantes, mozas e mozos eivados pola ditadura de herdar a nosa lingua, mais algo bulía en nós, nacía a conciencia e nos actos públicos expresabámonos en galego, malia non ser aínda a nosa lingua habitual. Despois a maioría pasamos a ser monolingues en galego. Foi a miña maneira de dicirlle a unha sala chea de mozos e mozas que hai futuro, porque xa o houbo. De unirme ás palabras de Xabier Docampo que puxo o acento na súa responsabilidade: ?agora tócavos a vós manter vivo o idioma?. E así é, eles e elas tamén o sabían, por iso foi un encontro feliz.
É a súa responsabilidade e o noso compromiso, contan con nós. Parabéns rapazas, rapaces.
|
|
|
|
3 Comentario(s) |
|
|
|
2 |
Quen estamos agradecidos somos todas e todos nós pola túa presenza nas Xeiras, que serviu#blgtk08# para abrir os ollos de moitas e moitos.
Grazas polo artigo no blogue! ;) |
|
|
Comentario por Iago Varela (23-04-2009 19:10) |
|
|
3 |
Grazas Milprimaveras, con máis tempo tratarei da encomenda.
#blgtk08#
Grazas a vós, Iago, de verdade. E seguide aí, sen cansar. |
|
|
Comentario por Acuática (23-04-2009 21:46) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|