|
|
|
|
Semana católica |
|
A víspera do xoves santo, sentada no Largo do Toural, en Guimarães, xustamente nese banco da foto, escribín o artigo que foi publicado en www.gznacion.com:
Guimarães, Largo da Oliveira, 6 da tarde. A un lado a igreja de Santa Maria de Oliveira, ao outro un local estraño do que sae a música a todo volume: "... primeiro de maio... unidade, unidade... unidade do povo contra o capital...". É un local pequeno cheo de faixas reivindicativas: "... menos cruces...", "Viva a revolução do 25 de avril". É un local estreito, cunha vella porta aberta para que o son se faga dono da praza de enorme beleza, a un lado a igreja e o Padrão do Salado, ao outro os antigos Paços do Concelho, e tamén unha oliveira nova que quere lembrar á vella oliveira que verdeceu no mesmo momento en que se rematou o pórtico da igreja, no ano 1342. Ao oeste da vila medieval un reloxo canta as horas e remata os seus sinais cantando á virxe María. Até alí non chegan as cancións dos operarios, a iniciativa dun tolo que quere combater con música o omnipresente poder dos sinos e os rezos católicos...
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|