acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

premio 8 de marzo
Onte asistín ao xantar que todos os anos celebra a Secretaría da Muller da CIG para conmemorar o 8 de marzo e recoñecer as loitas desenvolvidas polas mulleres na defensa dos seus postos de traballo. Eran tantas e tan importantes as candidaturas que, este ano, houbo un recoñecemento ás finalistas: as delegada da conserveira Pérez Lafuente e da pechada Valeo. O premio foi para a presidenta do Comité de empresa de Lorenzo Froiz que foi sancionada por defender o traballo das súas compañeiras, e ao premiala a ela, tamén se recoñecía o traballo das súas compañeiras.

Eu envíolles desde aquí unha aperta moi forte a todas, para que sigan loitando sen descanso, e un poema:

Nunha soidade de guía telefónica
nace o abrente da cidade.
O frío é falso
porque nas caixas de madeira apodrecen os pexegos.
Un axóuxere de ferro voa sobre o asfalto
e a luz é verde, é amarela, é vermella.
Agosto non existe.
Na cola do supermercado agosto non existe.
E as latas son area no mar da estantería,
unha praia calada
en que afogar os soños.
A oferta de aceite é a mellor lectura
para 365 días de consciencia.


(de Pel de ameixa)
Comentarios (3) - Categoría: textos editados - Publicado o 07-03-2009 20:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Viaxei nun avión comandado por unha muller comandante, por primeira vez. Sobre as nubes imaxinei que o seu esforzo para chegar a ese posto de traballo non debeu ser doado, poida que para ninguén, men#blgtk08#os para ela. En cambio as nubes semellaban abrirse ao paso, cansas de seren profanadas por tantos pilotos. A Terra tamén é muller.

Adiante sen descanso a todas, hai moito que comandar.
Comentario por Hermaco (08-03-2009 10:04)
2 Unha comandante? Pois a ver cando me toca a min... ir nun avión pilotado por unha muller,#blgtk08# quero dicir.

Está claro, cómprenos ser as comandantas dos nosos destinos.
Comentario por Acuática (08-03-2009 10:59)
3 parabéns para todas elas e para todas as mulleres tra#blgtk08#balladoras!
bo día da muller traballadora!
Comentario por diana (08-03-2009 20:24)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0