|
|
|
|
A cabeza de Medusa |
|
Esta semana,en A Nosa Terra, xusto a seguir dun artigo de Marilar Aleixandre sobre Darwin, publicábanse as miñas emoción sobre a súa novela. Velaquí un fragmento.
Pouco tempo pasou desde que o libro estivo na miña man até que o dei devorado, de tal maneira me atrapou. Pensei que tiña nas mans un libro que faltaba. Marilar estaba enchendo un oco ao embarcarse en tratar o tema da violación física da muller, até tal punto é un tema tabú.
Si, tabú, tabú para a muller que, aínda hoxe procura que non se coñeza a súa desgraza, e oculta o seu sufrimento porque se avergonza coma se fose culpábel, porque chega ser xulgada coma se fose culpábel, porque a sociedade considera que en parte ou en todo é culpábel. Tabú porque aínda hoxe en día a sociedade repara na forma de vestir da moza, esculca os seus movementos e sementa a dúbida, algo faría... E este é o tema. Máis alá da propia agresión sexual a dúas adolescentes, está a agresión social que logo sofren, pois a sociedade en que elas viven, a sociedade actual, segue xulgando á vítima, ás veces mesmo con máis atención có culpábel, que pasa así a ocupar o segundo plano. Por iso, neste caso é un logro que o libro se publique como destinado ao público xuvenil.
Si, unha obra necesaria porque a literatura pode aspirar a ser evasiva, mais mesmo na súa evasión é un filtro para ver a realidade, máis ou menos deformada, e desde a súa distancia construír a resposta da lectora atenta, que deixará repousar na súa abada esta morea de palabras e imaxes, cargándoa de argumentos e razóns para continuar esperta, atenta, disposta a alzar a voz cada vez que sexa necesario, ou sexa, sempre.
Posibelmente a obra literaria sexa coma o viño que extraemos dos barrís da memoria, a vida que foi pasando e fermentaba na súa vertical de pousos. A cabeza de Medusa é ese viño, un viño que nos rabuña na gorxa porque nos sabe á terra que pisamos. Un viño que nos tinta os beizos, coma o sangue que imaxinamos, sangue violento que nos salpica e que tantas veces non queremos ver. Este viño nutriuse ao longo dos anos do diálogo co narigón de casca imperecedoira, o amante lendario traizoado porque esa era a única forma de lle ser fiel. Porque A cabeza de Medusa e o poemario Mudanzas, nútrense dun mesmo diálogo coa tradición, de amor nocturno, de traizón...
|
|
|
|
2 Comentario(s) |
|
1 |
está moi ben o libro de parte de todos os coleg#blgtk08#as das palabras do IES Xulio Prieto Nespereira... |
|
|
Comentario por colegas das palabras (16-02-2009 15:36) |
|
|
2 |
Alégrome que #blgtk08#vos gustase. |
|
|
Comentario por Acuática (17-02-2009 19:02) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|