acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

A fada das lapas
O venres presentamos en Gondomar o libro A fada das lapas, de Manuel Janeiro. Un atractivo libro que, malia as aparencias, non é un conto para nenos, non, é un conto marabilloso para adultos.

O relato é un exemplo de desenvolvimento do conto marabilloso, mais as personaxes que o desenvolven foron habilmente manipuladas polo autor. En canto á fada, Janeiro preséntanos unha fada que procede das lapas, que vén do centro da terra a través do volcán, unha muller que se introduce no corpo do fillo do ferreiro, e que é unha silueta negra cun vestido de ás de cabaliño do demo. Esta fada ten así un certo carácter demoníaco, e ademais está revestida coas ás da voraz libeliña (un insecto carnívoro). Eta fada, como todas as fadas, ten certos perigos, pois pode matar os seus amantes unha vez satisfeita a súa paixón. Ademais ten un certo parentesco coas fadas escocesas e irlandesas que, segundo Borges, tiñan lugares subterráneos en que agachaban nenos e homes que secuestraban.

Este conto é unha alegoría da incomunicación que conduce á traxedia, o heroe non morre, mais queda destruído para sempre e só entón, comprende a importancia da entrega e a comprensión.

Desde o meu punto de vista, un dos momentos máis fermosos é a xestación do neno e o seu nacemento.

Na fada das lapas, como en todo conto marabillosos hai un agresor e unha vítima, mais neste relato esas funcións non as desenvolve sempre a mesma personaxe, porque, como na complexa realidade, os nosos actos poden ser egoístas e estar cheos de amor, e unha veces producimos o maior dano do que somos capaces a quen máis amamos, para logo entregar a nosa vida por ese mesmo ser.

Algo así sucede neste relato fantástico que é un transposición dunha convivencia difícil, dese lugar desolado en que o centro do amor é ignorado, mentres todos cren loitar por el. Unha nai e un pai enfrontados, que loitan até o final polo fillo nacido do seu amor.
Comentarios (6) - Categoría: libros - Publicado o 02-02-2009 08:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Fermosa crónica, int#blgtk08#eresante referencia.
Comentario por ekis1331 (04-02-2009 19:43)
2 Grazas. Agardo que esta crónica cumprise o#blgtk08# seu cometido enter os asistentes ao acto.
Comentario por Acuática (04-02-2009 21:32)
3 Gustoume moito o teu artigo sobr#blgtk08#e a Medusa de Marilar. Parabéns.
Comentario por náufrago (08-02-2009 12:33)
4 Moitas Grazas. A ver se o p#blgtk08#odo colar aquí hoxe mesmo.
Comentario por Acuática (09-02-2009 08:48)
5 http://www.editorialgal#blgtk08#axia.es/weblog/?p=1140
Comentario por Editorial Galaxia (09-02-2009 09:57)
6 está moi beeeeeeeeeeeeennnnnn alégrome#blgtk08# moito de ke fagas cousas así
Comentario por colegas das palabras (02-03-2009 15:37)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0