|
|
|
|
Teoría da información |
|
o mércores pasei a mañá lendo o xornal. Non, os xornais, comparando uns cos outros... botando fume. Por iso escribín este artigo:
"Hai tempo xa que tomei a decisión de non gastar en comprar xornais. Farteime. Ademais de discrepar da maneira en que moitas novas eran recollidas, ou de que non se publicasen novas que eu consideraba de interese, houbo momentos nos que me sentín mesmo desinformada. Si, porque é posíbel sentirse así, un exceso de información ben planificado contribúe á desinformación, ou peor, a que o destinatario se forme unha idea errada da actualidade e do contexto en que vive. Non hai mellor receita para esquivar un tema, que insistir e buscar información relacionada con outra noticia pretendidamente impactante.
..., se ... dicimos o que pensamos verbo da forma en que se presenta a información, debemos calibrar as palabras que usamos, non vaia ser que toda a profesión dos xornalistas nos pidan que rectifiquemos. E que pasa cando comprobamos que as novas que se reproducen nos xornais non se corresponden coa información emitida, ou que se lle atribúe a outros a información que unha mesma asina? Que pasa entón? A min pasoume, queixeime ao xornalista que... en ?compensación? á miña queixa... nin el, nin o medio en que traballa, volveron recoller ningunha información da que se seguiu enviando.
Cousas veredes."
Aquí completo. |
|
|
|
3 Comentario(s) |
|
1 |
Eu tamén me estou quitando....
De cativo non tiña tele, non tiña información, xa estou acostumado a vivir a media información, e os demais as veces queren facerme infeliz porque non estou ao tanto de#blgtk08# nonseique.
Está claro que a información é poder, pero cando é veraz e nn desinformación.
O resto é un empacho de cousas sen sentido para saturar os cerebros e que non pensen. |
|
|
Comentario por Hermaco (27-12-2008 20:25) |
|
|
2 |
"un exceso de información ben planificado contribúe á desinformación"
Totalmente de acordo, a sociedade de hiperconsumo na que vivimos ret#blgtk08#roaliméntase bombardeándonos con estímulos sensoriais... dito doutra da maneira, póñennola zanoria diante dos ollos e lévannos a onde lles peta. |
|
|
Comentario por ekis 1331 (28-12-2008 02:32) |
|
|
3 |
Si, a información é poder, un grande poder, por iso debemos esixir que sexa verdadeiramente informativa.<#blgtk08#br />
Gustoume iso de "póñennola zanoria diante dos ollos e lévannos a onde lles peta", tal cal. |
|
|
Comentario por Acuática (28-12-2008 18:46) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|