|
|
|
|
90 anos despois |
|
Hai 90 anos, tal día como hoxe, asinouse o Manifesto Nazonalista de Lugo. Cómpre lembrar o feito, reler o texto, lembrar as persoas, meditar sobre a súa entrega, seguir o seu exemplo.
Xa o dixen máis veces, e repito, moito admiro ás persoas que naqueles anos puxeron os primeiros chanzo desta espiral necesaria, persoas que defenderon a nosa nación e loitaron por ela, sen descanso, sen medo.
Debémoslles o que somos.
Un dos asinantes é Victoriano Taibo, o ecritor ao que homenaxeamos estes días, precisamente na escola miñorana en que impartiu aulas, ante os que un día foran os seus alumnos e alumnas e que deixaron a memoria do mestre no monográfico do que xa vos teño falado.
Hai unhas palabras de Taibo, tomadas dunha carta a Manuel Antonio, do mes de xullo de 1922, que recollín no meu artigo pola súa contundencia, as mesmas que usei para titulalo:
?Na ?Esfera? derradeira pubricase un artigo onde se maltrata a Galicia. Eu vou a redactare unha carta para a Redacción da ?Esfera?, e outra para o autore chamando-lle fillo de puta ou cousa parecida: esta vai a sere a primeira actuación de R. Convén que se saiba axiña que R. existe, mais nós achantados, nin unha verba. Que nos coñezan polas obras.?
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|