acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Ler en novembro
A casualidade quere que para este mes poidamos contar con dous libros que teñen moito que ver coa data do 25 de novembro. Trátase da tradución da obra completa de Sylvia Plath, do poeta galego Xoán Abeleira, e da novela A cabeza de Medusa, de Marilar Aleixandre, premiada este mesmo ano.
A autora americana (a quen desexamos ler en galego) é un exemplo de muller maltratada psicoloxicamente, pola súa parella e pola sociedade do seu tempo. Porén sempre se falou do seu carácter ?histérico?, da súa indaptación. Mais a realidade é que Plath, como moitas outras mozas americanas do seu tempo, vivía nunha sociedade que lle reservaba ás mulleres o único papel de adorno doméstico, amas de casa intelixentes que preparaban marabillosamente unha cea de negocios e tiñan unha conversa axeitada, capaces de manter o fogar e a familia mentres o home estudaba na universidade e se forxaba o seu futuro. Esa foi a realidade de Plath, que nin puido atender aos seus estudos universitarios, nin dedicar tempo á escrita dos seus poemas, non era o que se agardaba dela, e ela non o puido soportar.
A cabeza de Medusa é unha novela sobre a violación de dúas adolescentes, mais non tanto sobre a violación física, senón sobre a violación social que logo se produce, os preconceptos que converten ás vítimas en culpábeis e que as someten a un xurado que xulga o seu comportamento e a súa forma de vestir e esquece o acto de violencia, esquece aos verdadeiros culpábeis.
Non son obras para ler onte, non. Son para ler hoxe, para incomodarse na cadeira en que lemos e levantarnos indignadas e dispostas.


(publicado en A Nosa Terra)
Comentarios (1) - Categoría: A muller que le - Publicado o 10-11-2008 14:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 gústanos porque é mo#blgtk08#i fermoso o contido
Comentario por colegas das palabras (16-02-2009 15:37)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0