acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Pasan todas as cousas
De wikipedia: o río Yang-tse ao paso polas tres gargantasI

Son tantas as tarefas,
todas urxentes;
o mundo xira
e o tempo aperta.
Dez mil anos son demasiado tempo.


II

Que importa que o vento sopre e as ondas medren furiosas!
É mellor que perder o tempo inutilmente no patio.
...
Preto do curso do río, Confucio dixo:
"Así, unha tras outra, pasan todas as cousas!"



Hoxe volvín buscar os poemas de Mao Tse-tung, porque onte pensei na paciencia coa que debemos encarar os días tantas veces.
Relín os versos, e penso como uns poemas escritos baixo as súas circunstancias poden deixarnos hoxe interpretar este momento.

Entón, despois leo as notas, leo que os cinco primeiros versos pertencen ao poema considerado máis violento, eu diría drástico, e que naceron para reflexionar sobre as diferenzas ideolóxicas entre chineses e rusos, leo que Nixon, no ano 1972, citou estes versos cando visitaba China.

Leo que os versos do segundo poema, "Nadando", nacen da defensa do exercicio físico, da idoneidade de cultivar o corpo, tamén a mente, en vez de permanecer pasivos paseando no patio. Ese mesmo ano, 1956, Mao Tse-tung atravesara a nado o Yang-tse varias veces.

Así, unha tras outra, pasan todas as cousas.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-11-2008 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0