|
|
|
atrapada na arañeira |
|
Soidade e precipicio da mentira
é todo canto teño agora mesmo.
Atrapada na arañeira
a grande infame tece a súa coiraza de veleno
e vaime devorando,
vaime baleirando pouco a pouco,
mentres eu
tento manter o alento e o equilibrio
tento rachar coas cadeas que me atan.
(non me gusta que me presionen.
Tampouco me gustan as arañas) |
|
|
|
7 Comentario(s) |
|
1 |
Como me gustan estes teus poemas Marta. Dende a fabulosa "pel de ameixa" que me tes engaiolado. Sigo o teu blogue a miúdo pero nunca me decidín a escribirche algo. É un pracer para os que te lemos poder dispor do teu blogue. Por certo, un íntimo amigo pregú#blgtk08#ntame que cando se fará público o gañador do Gzcrea de poesía, que seica estás ti de xurado, para que vexas o ben informado que estou...
Espero participar de xeito máis continuo nos comentarios.
Saúdos Marta.
|
|
|
Comentario por Daniel Moreira (15-10-2008 19:42) |
|
|
2 |
Se escrebir esas palabras, duras pero fermosas, cóstalle tando como aturar as arañas e se con ese sentmento vive neste intre, coido que ten vostede moito valor e moito mérito Ac.
Sexa forte, non hai mal que dure cen anos.
#blgtk08#
Di Conchita que as cousas van ordeando soas sen querer...
http://www.youtube.com/watch?v=u2qm-ORW-tw
Agardo que a vida lle diga que lle toca a vossé iso de sentise ben.
M8s bks: ADIANTE!!! |
|
|
Comentario por Hermaco (15-10-2008 21:24) |
|
|
3 |
Moitas grazas Daniel, pásate sempre que queiras, esta xanela abriuse para poder asexar por ela, cara a fóra e cara a dentro, así que benvido. Para o fallo#blgtk08# do GZcrea haberá que agardar un pouquiño.
Grazas Hermaco, vou aprender a canción, porque creo que agora xa me toca a min sentirme ben... |
|
|
Comentario por Acuática (15-10-2008 23:57) |
|
|
4 |
e ti como sabes que estan ahi xa cho dixero#blgtk08#n a ti que as medulas taban en aloia
|
|
|
Comentario por remesquide (16-10-2008 19:13) |
|
|
5 |
e ti como sabes que estan ahi xa cho dixero#blgtk08#n a ti que as medulas taban en aloia
|
|
|
Comentario por remesquide (16-10-2008 19:14) |
|
|
6 |
Boas Marta! Estiven presente na mesa redonda da facultade de filoloxía de Vigo. Bueno, en realidade foi o "monopolio" redondo de Manuel Outeiriño... Non estivo mal,#blgtk08# e, case por sorte acabo de descubrir o teu blog, como un tesouro, a través da páxina doutra poeta, María Lado. Así que xa tes outro lector.
Saúdos |
|
|
Comentario por Anxo Ratel (17-10-2008 18:55) |
|
|
7 |
Ben vido Anxo. Alégrome de que non che parece mal a mesa da Facultade. Se escoitaches a miña intervención xa sabes que penso que foi excesiva a intervención dalgún i#blgtk08#ntegrante que condiciona o seus gusto literario aos seus prexuízos. Pobres dos escritores e das escritoras se todo o mundo fixese así...
Até máis ler. |
|
|
Comentario por Acuática (18-10-2008 14:14) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|