acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Home sen mundo
De http://www.history.ucsb.edu/faculty/marcuse/anders.htmUn bo amigo achegoume o libro Home sen mundo, escritos sobre arte e literatura, de Günther Anders, e debo recoñecerlle o criterio na escolla. Para min foi un descubrimento. Günther Anders é o pseudónimo de Günther Sigmund Stern un filósofo de orixe polaca que xa no ano 1945 era un destacado activista do movemento antinuclear. Günther Anders viaxará ao centro da traxedia: primeiro Auschwitz, onde sente vergonza da humanidade e arrepíase ante o espectáculo, di que deberían ser os seus cabelos, os seus dentes, el mesmo o que alí estivese, e ao non estalo séntese coma un desertor; logo Hiroshima, mesmo manterá correspondencia co piloto do Enola Gay (recollida despois no seu libro Burning Conscience). Despois viría a oposición á guerra de Vietnam e o activismo contra os cohetes atómicos norteamericanos en Alemania.
No seu libro Home sen mundo fálanos de Kafka ou de Brecht, entre outros homes da arte. Interesáronme as páxinas dedicadas ao libro de Brecht, Historias do señor Keuner, mais especialmente a análise de Kafka, quen, segundo Anders, desfigura para configurar: ?Kafka tras-torna a aparencia aparentemente normal do noso mundo trastornado para facer visíbel o trastorno?.
?Homes sen mundo eran e son os que están obrigados a vivir dentro dun mundo que non é o seu... que non está construído para eles... dentro dun mundo para o que eles foron pensados...? Así arranca este libro, con esta tese de partida que Anders declara ampliación da tese principal de Marx: o proletariado non é o dono dos medios de produción. E si, cómpre ampliar a tese, e reflexionarmos sobre ela.

(artigo publicado en A Nosa Terra, este 17 de xullo)
Comentarios (4) - Categoría: artigos - Publicado o 19-07-2008 15:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Homes sen mundo...o proletariado non é o dono dos medios de produción

Nin dos de distribución, non tan sequera de consumo, o que si é o proletariado é o consumidor final e o que subste#blgtk08#nta/amos a maquinaria do capitalismo.

Somos homes e mulleres cada vez con menso mundo.

Unirémonos para reclamalo?.

Grazas por estes textos reflexivos Ac.
Comentario por Hermaco (20-07-2008 23:37)
2 Grazas a Anders que #blgtk08#nos dá para pensar.
Comentario por Acuática (22-07-2008 22:25)
3 Xa ando buscándoo#blgtk08# polas librerías
Comentario por náufrago (23-07-2008 19:25)
4 Que haxa sorte, eu souben del por un #blgtk08#amigo, como dixen. Está en pre-textos
Comentario por Acuática (23-07-2008 22:41)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0