|
|
|
|
Lendo poesía |
|
Estiven estes días concentrada na lectura de varios libros de poesía. Do que gocei máis foi de De esparto e seda (premio Fiz Vergara Vilariño), de Xosé A. Neira Cruz, do seu intimismo profundo que esculcaba na infancia e no amor
Elixe ti a parcela que queres cultivar.
Eu déixome arar a vontade.
Foi unha agradábel sorpresa atoparse así con este Neira poeta, que irrompe con acerto nestas leiras dos versos.
Agardas coma sedenta a que saia a primeira pinga condensada
e son o suficientemente cruel
para nin iso darche
se me peta.
O libro remata cun poema que reflexiona sobre a perdurabilidade da obra do poeta que daría a súa vida "porque lesedes a mensaxe do meu padal // co tacto da vosa lingua". Lembroume o xeito en que Pilar Pallarés pechaba o Livro das devoracións, malia que os dous poemas dialoguen de diferente xeito co futuro da obra literaria e da memoria do poeta.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|