|
|
|
|
Dun recital no Makondo |
|
Nasas envíame o enlace en que estaba esta foto (que copio con descaro porque tamén a teño), é da páxina do poeta amigo Modesto Fraga que a utiliza para ilustrar a nova do premio de poesía Cidade de Ourense a outro poeta amigo: Rafa Villar.
Aí estamos, Abel Méndes, a que escribe, Modesto Fraga e Rafa Villar, nunha noite poética no Makondo, un bar de Cee que daquela abrira Modesto (poeta taberneiro como Paco Souto e Avilés de Taramancos). Era o 20 de xaneiro de 1996.
Lembro perfectamente que lin este poema, nunha versión probabelmente anterior á definitiva, pois deille voltas durante tempo.
Grazas a Nasas por enviarme o enlace e saúdos a Modesto e, por suposto, parabés para Rafa Villar, que merece moito ese premio. |
|
|
|
2 Comentario(s) |
|
1 |
Hoxe Acuática en silencio xogou co pasado, mentres vía chegar andando a súa avó.....
Trouxonos acontecementos de hai tempo para celebrar, outros éxitos de agora.
Felicitacións a Rafa villar, que xa llas din tamén en persoa.
Curiosamente esta fin de s#blgtk08#emana tamén falei coa miña nai e trouxemos andando no tempo ao meu avó.
Un bo exercicio de cando en ver, sen quedarnos nel, para decatarnos
............que o tempo vai rodando pola tarde.
Perdoe pola destrución do seu poema.
Bks |
|
|
Comentario por Hermaco (29-06-2008 11:08) |
|
|
2 |
Queda vostede perdoado. As imaxes que gardamos, en realidade, son un tesouro, porque con elas, ademais de l#blgtk08#embrar o acto e as persoas, vernos como eramos 12 anos atrás, gardamos tamén todo o que rodeou aquel día... |
|
|
Comentario por Acuática (29-06-2008 14:57) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|