acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Galiza ou Galicia. Os castelanismos léxicos
A consellaría consultou e a Academia resposta hoxe. Disque o noso país ten que se chamar Galicia.

Eu só vou dicir unha cousa: hai unha modalidade de castelanismos léxicos que consiste en que, nun par sinónimos, cando unha das formas é coincidente co castelán, esta é a usada en detrimento da forma exclusivamente galega: beizos/labios, bágoas/lágrimas, Galiza/Galicia.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-06-2008 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 A min dame igual o que diga a RAG a verdade eu ch#blgtk08#amareille como quero

[[[imaxe]]]
Comentario por imaxe (08-06-2008 13:58)
2 BUUUAAAA NENOOO!!
Propoño a disolución da REAL academia galega. A nazón de Breogán ha ser unha república ou non será, así que para empezar imos cambiar aq#blgtk08#uelas institucións que leven no nome de REAL.
REALmente a RAG é unha REAL cagada. O galego non se merece isto e o noso pobo tampouco un varapau coma este.
Comentario por Hermaco (09-06-2008 09:51)
3 A min entristéceme profundamente, porque estas cuestión fan que a RAG se descaredite a si mesma, e as galegas non prec#blgtk08#isamos iso. A quen quererán contentar con esta decisión? Non a nós, a maioría dos que loitamos arreo polo noso idioma.
Comentario por Acuática (09-06-2008 21:01)
4 e de cada vez desacredítanse máis e de máis diversas maneiras e o peor e que non é o gupo de persoas que toman as decisións o que perde creto, senón a entidade que se supón que defende os intereses da nosa lingua e,por conseguinte,é o popio idioma quen sufre as consecuencias e as que o defendemos e falamos as que nos temos que xustificar #blgtk08#constantemente. non se pode pretender contentar a todos os bandos nin estar cun pé en cada,e claro por onde vai tanta vertente oficialista, logo son as primeiras bocas en que escoitas o que non se debera. canto máis miro e máis coñezo menos entendo, non sei se é demasiado grande a miña ignorancia ou a miña esperanza. seguramente as dúas.
Comentario por diana (11-06-2008 13:10)
5 Tes razón Diana, mais non penses que a túa ignorancia ou a túa esperanza son demasiado grandes. Somos tan ignorantes como precisamos selo, e por iso somos quen de aprender sen descanso, de ensanchar o horizonte e que así a nosa esperanza sexa grande, mais nunca demasiado, porque sempre será pequena e susceptíbe#blgtk08#l de medrar.

A lingua é un organismo vivo e plural, xa ti sabes moi ben que en cada parroquia florece na súa diferencia e iso é bo.

De todo se aprende, e todo nos fai medrar, non desesperes e teima moito, que nesta teima polo noso idioma, ou sexa, polo noso país, váisenos moito.
Comentario por Acuática (11-06-2008 16:59)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0