acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Carta dunha descoñecida
Stefan Zweig wikipediaHai xa tempo, escoitando a radio nun dos múltiples desprazamentos que teño que facer, escoitei a Xabier P. Docampo na sección que ten no programa Un día por diante da Radio Galega recomendar o libro Carta dunha descoñecida de Stefan Zweig.

Esa mesma tarde fun rapidamente á librería para mercalo. Mais pasou ano e medio até que lin o libro.

Desacougante. Obsesivo. Triste. Unha muller que estraga a súa vida por non ter o valor de expresar os seus sentimentos, porque si é quen de se entregar en corpo, nunha actitude que para a época era censurábel, mais non é quen de falar do que sente o seu corazón... limítase a agardar...

E aínda di: "E creo que se me chamaras cando xa estivese repousando no meu leito de morte, tería a forza suficiente para erguerme e ir cara a ti."
Comentarios (0) - Categoría: libros - Publicado o 23-05-2008 17:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0