|
|
|
|
A ollada de A.R.C. |
|
Hai xa varios días que rematei de ler Os ollos de K de Antón Riveiro Coello. E foi unha aventura. Comezando porque un día extraviei o libro en Roma, nun local do que saín correndo decepcionada e, cando estaba xa noutro lugar, tiven que desandar o meu camiño para recuperar o libro que me acompañou durante a viaxe. Non puiden evitar sentir que a historia saltaba fóra do texto, porque tamén o meu libro desaparecía nun bar. Mais eu recupereino. Menos mal.
Gocei intensamente da lectura desta aventura delirante, vin o branco das rúas de Praga na escuridade da noite e me impacientaba porque o protagonista non se decataba de que Sonia non era realmente unha policía.
Gocei da pesquisa, da confabuladora fantasía do escritor (canto o entendín)
?Esta realidade que borrou os límites da imaxinación e que fai parecer todo un frío delirio no que as preguntas suceden como unha carraca atronadora?
e dos seus medos, até sentirme identificada con varios dos treitos da novela...
"-... Non sei se rematarás por distinguir as fronteiras entre unha cousa e outra.
-Eu xa vivo nunha realidade literaria."
Na miña mente, alucinada tamén, o escritor descubríase como un vampiro disposto a chuchar a vida allea, a nutrirse das desgrazas e as traxedias para alimentar esas mans insaciábeis que queren contalo todo, todo o que fermentou tras da súa ollada, nese exilio voluntario da realidade.
?Si, vestir a pel dalguén diferente a un é o gran desafío de calquera escritor...?
Intensa e gozosa lectura que vos recomendo, lectura para reflexionar e para provocar... a ansia de escribir.
?... o instinto da soidade vénme da infancia, daquelas tardes tristes nas que quedaba guichando desde a fiestra o xogo alegre dos meus veciños ... sentín que a soidade non tiña por que ser tortuosa e deixei que o poder da novelas alimentase a miña vaidade...
Cando baixaba á rúa e alguén me vía cun libro na man, non me escondía e recibía reproches dos que non entendían que alguén puidese gastar a súa adolescencia entre as páxinas dos libros.?
|
|
|
|
8 Comentario(s) |
|
1 |
Que mal rollo sentirse de súpeto dentro do libro#blgtk08#, repetindo os pasos que describira o autor.... |
|
|
Comentario por Hermaco (08-04-2008 11:24) |
|
|
2 |
Que va! É emocionante ver a historia tomando vida,#blgtk08# ou sentir que unha vie dentro dela. Emocionante! |
|
|
Comentario por Acuática (08-04-2008 21:11) |
|
|
3 |
Gostei da túa bitácora. Penso que tivemos estancias paralelas en Roma, inda que eu hai un ano (xusto) que fun por aló. Polo resto, #blgtk08#tamén amo ese cadro prerrafaelista que amosas nunha desas entradas....Grazas polo teu blogue.
Seguireino de agora en diante |
|
|
Comentario por amauta castro (09-04-2008 15:35) |
|
|
4 |
Grazas. Eu tamén gostei da súa, que aínda non coñecía, mais pasará a formar parte deste paseo virtual que ás veces consigo fa#blgtk08#cer, un paseo que nos permite ir do sur de Galiza a Girona no que dura un lóstrego... Será esta a ansiada teletransportación? |
|
|
Comentario por Acuática (09-04-2008 19:02) |
|
|
5 |
A mín o libro encantoume tamén!. Eu lin case todo deste autor, menos ANIMALIA creo que se chama.#blgtk08# E pra min é un dos grandes autores actuais da literatura galega e creo que está pouco valorado. |
|
|
Comentario por Alatriste (11-04-2008 09:45) |
|
|
6 |
O recoñecemento dun escritor ou dunha escritora depende moitas veces do labor que faga a crítica ou da repercusión da súa obra nos medios de comunicación. E pode ser que teñamos a sensación, mesmo a certeza, de que alguén non goza do recoñecemento que a súa obra me#blgtk08#rece... É habitual? Se cadra por ser máis habitual do que nos parece xusto, nin reparamos.
En calquera caso, Antón goza dun dos mellores recoñecementos posíbeis, público fiel que anda á procura dos seus libros e que o recomenda vivamente, seino ben. |
|
|
Comentario por Acuática (11-04-2008 15:04) |
|
|
7 |
A min gustoume a Esfinxe de Amaranto, ainda que me pareceu moi triste.
Hola Acuática, esta é a segunda vez que me paso por aquí, pero esta vez é con intereses propios. A primeira foi para felicitarte coa tua conferencia no salón do libro infantil de Pontevedra, agora e para pedirche consello. Estudio Belas Artes en Pontevedra, e nunha asignatur#blgtk08#a chamada "Didáctica das artes plásticas II", temos que facer un libro sobre a educación artística. A verdade e que non teño nin idea de como empezar pero me gustaría que fora en verso e para nenos, acordandome de ti. Penso que e un pouco dificil por que eu nunca fixen poesía pero me gustaría que mo revisases antes de entregarllo a profesora.Que me repostas? |
|
|
Comentario por Wendel (23-04-2008 13:06) |
|
|
8 |
Pois que se teño tempo non terei problema, así que #blgtk08#se queres tes no meu perfil un correo electrónico. |
|
|
Comentario por Acuática (23-04-2008 21:06) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|