acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Vivir adrede
Vivir adrede é o último libro, polo de agora, publicado por Mario Benedetti, e outra vez un texto seu vai estar detrás dun poema, porque si, porque tamén acredito en que "A realidade é un mangado de poemas sobre os que ninguén reclama dereitos de autor. Debaixo de cada pedra, cada lousa, agáchase un poema.
...
Até nas guerras hai poesía, mais nunca na artillería dos vencedores senón na última mirada dos vencidos."

O libro ten moito diso, de última mirada, e hai nel moitas referencias á morte, a camiñar cara á morte:

Non vou irme e se me vou, será para estudar a nada.

O único horizonte que por fin se acada é o da morte, mais os que o atravesan nunca volve para contarnos que hai despois
.

E coma sempre a ironía:

Eu creo que cando nos crearon (Quen sería) ninguén mediu as tremendas consecuencias do invento.
Comentarios (5) - Categoría: libros - Publicado o 26-03-2008 22:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Benedetti é unha asignatura pendente para min... só fixen algunha incursión superficial na #blgtk08#súa obra... en calquera xeito, a literatura suramericana é dunha calidade impresionante...
Comentario por ekis1331 (27-03-2008 10:47)
2 Pois se quere achegarse un algo máis (porque ten unha obra extensa) eu suxírolle El amor, las mujeres y la vida (aínda que o título non é o que máis me gusta, #blgtk08#mais contén o logrado Táctica e estratexia) ou Canciones del que non canta.
Si, estou de acordo coa súa apreciación sobre a literatura latinoamericana.
Comentario por Acuática (27-03-2008 22:13)
3 Con relacion a Mario Benedetti,hoy en TV argentina anunciaron qu#blgtk08#e fue internado muy mal en un hospital de Montevideo (Uruguay).
Comentario por Maria Isabel (28-03-2008 14:31)
4 Dende que teño uso de razón social, colectiva, polìtica... coñezo as obras de Benedetti, alá polo 82. Descubriumo unha moza, e logo adicábame a roubar "Primavera con una esquina rota", sucesivamente na librería dos grandes almacenes para agasllarllo a outras mozas #blgtk08#que pola miña vida pasaban. Era como un "pásao" pero en libro.
Estaremos pendentes da saúde do Mario, se nos falta releeremos unha e outra vez a súa obra como se fóra a primeira vez?.
Tampouco a que o creou a el mediu as consecuencias do seu invento!.
Comentario por Hermaco (28-03-2008 14:53)
5 María Isabel, despois de ler o seu comentario procurei información sobre a saúde de Benedetti e vexo que os medios americanos xa falan de melloría e de permanencia no ho#blgtk08#spital por motivos de rutian. Agardo que poida estar na súa casa en breve.

Hermaco, pois a min o que me regalaron foi o de Geografías, alá nos 80 tamén.
Comentario por Acuática (29-03-2008 19:50)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0