|
|
|
|
21 de marzo en Trastevere |
|
É Trilussa, un poeta italiano que viviu dacabalo entre o século XIX e o XX, un poeta satírico que escribiu en dialecto romano.
O curioso do asunto é que, sen pretendelo, ese día, o 21 de marzo, día mundial da poesía, descubrín nun recanto do Tratevere esta praza adicada ao poeta máis popular entre os romanos, e alí me fixen retratar.
O poema que ilustra a escultura chamoume a atención, un poema que fala do temor a expresarse libremente:
Mentre me leggo er solito giornale
spaparacchiato all'ombra d'un pajaro
vedo un porco e je dio: addio, majale!
vedo un ciucio e je dio: addio, somaro!.
Forse ste bestio nun me cafiranno
ma provo armeno la sodisfazione
de potre di le cose come stanno
senza patra di fini en priggione
Algo así como (disculpas pola miña ignorancia do romanesco): mentres estou tumbado vexo pasar un porco, un chucho e dígolle: adeus..., e aínda que sei que estas bestas non me entenderán, teño polo menos a satisfacción de dicir como están as cousas, sen temor de parar na prisión.
Así remataba en día tan sinalado o meu paseo por este barrio romano do que tanto gustei. |
|
|
|
6 Comentario(s) |
|
1 |
Trastevere Ac.
É dicir máis alá do Tevere e das murallas da antigua Roma.
Moi poucas referencias#blgtk08# musicais.
http://www.youtube.com/watch?v=4PWctp9mRdM
Boa e agradable visita, ao menos cando non chove. |
|
|
Comentario por Hermaco (26-03-2008 15:13) |
|
|
2 |
'mentres leo o xornal acostumado
tumbado á sombra dun 'pajaro'
vexo un porco e dígolle: adeus, marrán!
vexo un asno e dígolle: adeus, burro!
o máis certo é q#blgtk08#ue estas bestas non me entenderán
mais experimento a satisfacción
de poder dicir as cousas como son
sen o 'temor' de rematar en prisión'
unha aperta
|
|
|
Comentario por alberte (27-03-2008 18:50) |
|
|
3 |
Bravo!, moitas grazas, como xa dixen non sei moito de romanesco e de italiano tampouco máis, no meu cuadrimestre #blgtk08#tocou toscano, antigo, e iso non dá para se defender, a parte de que o meu dicionario é máis ben maliño. Grazas. |
|
|
Comentario por Acuática (28-03-2008 09:21) |
|
|
4 |
iso que os italianos chaman "dialetti" coido que se parece máis a linguas do que a outra cousa.
non son especialista en liguas e moito menos nas do estado italiano, pero unha vez un amigo que si sabe máis destas cousas explicoume que a lingua e a relixión son as ún#blgtk08#icas cousas que manteñen unido o estado. a relixión vai en decadencia e por iso é política a decisión de conservar unha unidade como mínimo discutíbel.
un exemplo igual non moi rigoroso: cando botan na tele italiana unha peli falada nalgún "dialetto", subtitúlana. |
|
|
Comentario por ollo (07-04-2008 17:59) |
|
|
5 |
Si, habería moito que peneirar, porque a fragmentación do latín en Italia dá para o tema... Mais eu tampouc#blgtk08#o non sei máis que o que din aprendido en dous anos de carreira, que agora, hai xa tantos anos, lembro mal. |
|
|
Comentario por Acuática (08-04-2008 21:19) |
|
|
6 |
Ollo! Non te recoñecía. Gústame máis ese enlace co que asinas, n#blgtk08#o outro non son quen de me remexer.
Unha aperta. |
|
|
Comentario por Acuática (08-04-2008 21:21) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|