acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

8 de marzo
www.galizacig.com
(fotografía realizada nunha mobilización da CIG, nomeando en feminino, hai dous ou tres anos. Por aí estou co meu correspondente cartelón)


Días antes do 8 de marzo (por certo que deixo aquí o enlace de dous artigos sobre as verdadeiras orixes do 8 de marzo, que o sistema todo o oculta), rematara de ler Nas tuas mãos, de Inês Pedrosa. A novela, que é unha radiografía da vida do Portugal do século XX, mais da vida das mulleres, contén varias reflexións sobre o feminismo e vai relatando a evolución das mulleres que, de someterse sentimentalmente a un home, pasan a renunciar ás emocións. As protagonistas deixan a súa pegada, no seu diario, na súa obra ou nas súas cartas. Tres mulleres que representan a viaxe de Portugal, desde unha quinta na beira do Tejo á guerra de Moçambique, mulleres brancas que elixen ser negras en todos os sentidos, tamén no literal da cor da pel.

Nunha das mellores páxinas da novela fálase da invisibilidade das mulleres. Camila, a filla de Jenny, a nai de Natalia, a que elixiu renunciar aos sentimentos, a que viaxou á guerra pola independencia de Moçambique, reflexiona sobre a presentación dunha exposición da súa obra fotográfica, unha obra que gardara durante moitos anos, unha obra que retrataba esa guerra e os seus actos atroces, unha obra que foi presentada por un home que realizou un magnífico discurso, un aplaudido discurso no que praticamente non había referencia ningunha nin á obra, nin á autora que presentaba. Á volta da presentación Camila autorretrátase e cando, anos despois, volve sobre a fotografía, di ?Tinha cinquenta e dois anos e estava sozinha. Tão sozinha como no dia em que nasci, mais muito menos só. Tinha um corpo, um trabalho. Uma história com o seu jubiloso manto de mortos. Decidi então fazer este auto-retrato, memória do instante em que realmente comecei a gostar de mim.?

Cantas veces diante de nós mesmas diremos palabras semellantes? Durante canto tempo?

Prohibíronnos os actos reivindicativos do 8 de marzo. Tanto ten, 8 de marzo é todos os días, tamén o día 9 foi 8 de marzo, porque nos afirmamos na nosa diferencia de galegas.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-03-2008 17:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0