acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

O arco de Tabagón
Fotos de Marta Dacosta
Poño na xanela tres momentos da construción do Arco de Tabagón, que cada ano ao comezar febreiro erguen en San Xoán de Tabagón, no Rosal, con motivo das festas de San Brais e a Saúde. O arco ten uns 14 metros de alto e está situado no acceso á igrexa. Durante varias semanas van preparando unha armazón de madeira que se recobre de ?xiastas? (xestas, na fala destas terras do sur), para o día anterior ser decorado con rosas e camelias, fundamentalmente. É o último testemuño dunha tradición que tiña unha maior extensión xeográfica, aquí en Gondomar os máis vellos lembran que, polas festas, facían estes arcos nas portas das casas e do adro, agora xa non, fan alfombras, se cadra pola presión "turística" que exerce o modelo Ponteareas.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-02-2008 21:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Que lindo trabajo artesanal(a mi gustame moito facer cousas con as mans,a de ser unha caracteristica GALEGA) n#blgtk08#on?.Ya que estoy aquí te pregunto La Camelia es la flor de galicia ?o es outra ?gracias,bicos desde argentina.
Comentario por maria Isabel (12-02-2008 17:38)
2 Eu non sei se a camelia é a flor de Galicia, porque é unha árbore de orixe xaponesa. Si se emprega moito como árbore ornamental e #blgtk08#este uso debeu estenderse desde os pazos. Hai festas da camelia, por exemplo en Vigo, onde é moi abundante.

Saúdos.
Comentario por Acuática (12-02-2008 21:28)
3 Averigue en jano.es y dice que es la flor de Galicia aunque su origen es de oriente como tu me dices.La que está en el pazo de Quiñone#blgtk08#s es de 1860 y las hay de todo tipo,muy adaptadas a toda Galicia.Gracias,por tu respuesta (despertó mi curiosidad por averiguar mas).
Comentario por Maria Isabel (13-02-2008 13:13)
4 Debe ser que é máis doado botar as flores polo chan que poñelas penduradas, a gravidade xa axuda.
Efectivamente ten razón maría Isabel que en Galicia hai moitas camelias, tamén en Portugal. Pero si houbera unha flor que definira a Galiza e @s galeg@s eu diría que é a flor do toxo, unha #blgtk08#floriña delicada, modesta e fermosa que nace nunha planta resistente, rexa e forte e que tinxe os montes de amarelo.

Alecrín, alecrín dourado que naceu no monte sin ser sementado. Ai, amor, amor ¿quen che dixo a tí que a flor do toxo era o alecrín?

Di a cantiga.
Comentario por Hermaco (14-02-2008 20:47)
5 Sería unha posibilidade. Neste país noso hai flores abondo, e non sabería eu cal é a máis representativa. En#blgtk08# todo caso o toxo, e a súa flor, representa ben a nosa teimosía, malia o vento ruín que ás veces nos asedia.
Comentario por Acuática (14-02-2008 21:38)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0