|
|
|
|
Máis debuxos e menos famoseo! |
|
Este é o título do artigo que publica gznacion.com.
Saiume de dentro e, un segredo, contei coa colaboración atenta e desinteresada do meu fillo, que me pediu que o enviase inmeediatamente. Aos cinco minutos preguntou se estaba publicado... Tal era a ansia de se facer oír... Porque pensa que nas miñas palabras está a súa voz, e leva razón, claro que si, a del e a de todos os nenos e nenas, que estou segura de que son moitos, que pensen coma el.
Como di alí, súmome á reivindicación imaxinaria da miña querida Pippi. E comezo berrando desde aquí, por se alguén me quere acompañar:
Queremos debuxos para a nosa idade!
Por min, por ti, que volva o Xabarín!
Que volva Shin Chan, aínda que fale mal! |
|
|
|
8 Comentario(s) |
|
1 |
o pícaro leva toda a razón
non sospeitaba eu o de Pipi,
benvida ao clube!!!
bótalle unha ollada a isto (é Pipi por dentro, fala a súa nai #blgtk08#dela etc.)
http://www.revistaclij.com/archivos/cat_2007.html
xa contarás
que eu saiba só está en formato papel revista de novembro do 2007
|
|
|
Comentario por Nasa (07-02-2008 15:06) |
|
|
2 |
Pois haberá que botarlle un vistaciño á revista. Agrádame ver nesa relación a Liliana Valado a quen sempre pregunto cando vai#blgtk08# estar lista a tradución de Pippi para o galego...
Pois si, e é unha das razóns polas que eu quería ser roxa. |
|
|
Comentario por Acuática (07-02-2008 15:49) |
|
|
3 |
A cuestión non é si fala ben ou mal Shin Chan. A cuestión é que son debuxos para adultos, igual que os Simpsons e igual que a maioría dos programas que lles poñen. A min encánta#blgtk08#me o pícaro que ensina o cu e se mete con todo dios, e sí, estou segura de que menos dano facía que os nenos mirasen a Sinosuque antes que certos programas que dan nese horario. |
|
|
Comentario por hormiga (07-02-2008 16:11) |
|
|
4 |
Para adultos ou non, mellor lles era ver Sinosuque, porque o caso é que os cativos quedan sen programación propia nunha #blgtk08#banda horaria axeitada, que é a da tarde, e están doentes, aínda que moitas veces non saiban, ou non poidan, trasladalo. |
|
|
Comentario por Acuática (07-02-2008 16:29) |
|
|
5 |
Coido que a Pipi calou tan fondo en min cando tiña dez anos coma o Che cando tiña 20. Para ambos hai un recucho nos pasillos do corazón.
Si que me imaxino a pequeño tío derriba da mesa e superpiñeiro entre as súas patas preguntándose que fai a#blgtk08#lí ese cacho cabalo!!, hahaha!.
Agardo que algún día a batalla infantil sexa gañada, queda anotado nas prioridades do COMITE REVELDE cando tome a televisión. Os debuxos animados serán o noso GRANDOLA, non sei se SINCHAN, quizais O CARRABOUXO.. |
|
|
Comentario por Hermaco (07-02-2008 23:10) |
|
|
6 |
que bo! xustamente onte, falaba cun compañeiro da retirada polémica de Shin Chan e do noso desacordo con esta decisión, que non chegamos a entender. Comentabamos tamén que, certamente, hai programas máis prexudiciais e agresivos para o público infantil e, incluso, outros debuxos cheos de violencia e #blgtk08#sen o inxenio do pequeno subversivo. admirabamos, ademais, o seu labor galeguizador (ata os/as castelán-falante facía uso do galego a través de Shin Chan e os que xa falaban en galego reafirmábanse no orgullo de falar o idioma).
Súmome á túa protesta, pra cando esa toma da televisión!? |
|
|
Comentario por diana (08-02-2008 10:12) |
|
|
7 |
Tomo nota Diana, se hai noiticias aviso. Hermaco, gustoume iso do Comité re#blgtk08#belde... e vaia comité, polo menos non se pode negar que vai ser variado... |
|
|
Comentario por Acuática (08-02-2008 16:58) |
|
|
8 |
contade comigo para o asalto pacífico, isto é #blgtk08#unha forma máis de pobreza futura para o país. |
|
|
Comentario por reimondez (30-05-2008 14:00) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|