|
|
|
|
A nosa propia estirpe |
|
... aquí, nesta terra de fragas e penedos, onde o mar nos alimenta e nos leva a vida, as nosas avoas e os nosos avós representaron a realidade para aprendérnola, mantiveron vivas tantas palabras esenciais mentres aprendían o latín do colonizador e fermentaron o pan do idioma á calor da lareira durante séculos de escuridade.
Somos as depositarias do seu legado, se non o mantemos vivo, deixaremos de pertencer á nosa propia estirpe.
Así remata o artigo que publiquei a semana pasada, pódese ler enteiro aquí.
Ela é Rosa Castro Sanromán, a miña tataravoa, quen tivo unha vida longa e puido coñecerme. É a mesma que deixou unha vida acomodada por amor a un mariñeiro. A mesma que facía comida para catro ou para corenta, porque ela dáballe de comer a todo o que pasara pola súa porta, naqueles anos de fame.
A foto quizais sexa dos 60, e está tomada no Paseo do Príncipe, diante do que hoxe é o Marco. |
|
|
|
5 Comentario(s) |
|
1 |
Marta te escribo del otro lado del oceano atlantico(desde argentina).Soy descendiente de gallegos y tienes toda la razón del mundo en tu comentario.Yo tambien tengo una foto de mi ab#blgtk08#uela paterna y como se vestian parecido en esa epoca ,me recuerda a ella.Gente muy trabajadora y que continuó con su idioma y lo dejaron a su descendencia.
Tienes mucha razon. |
|
|
Comentario por maria isabel (05-02-2008 01:09) |
|
|
2 |
Grazas María Isabel, non sabes o que emociona escoitar as túas palabras atravesando o océano (isto é unha das mellores cousas da "rede", que non hai fronteiras). Non debemos esquecer nunca de onde vimos, pois somos o que somos porque procedemos dunha estirpe, no meu caso persoas humilde#blgtk08#s das clases populares, algo do que me sinto moi orgullosa. E por suposto, todos e todas nós vimos desa estirpe incríbel que é o noso pobo, e somos no mundo por esa circunstancia.
E só así, recoñecéndonos no que somos, podemos entender e apertar a todos os pobos do mundo. |
|
|
Comentario por Acuática (05-02-2008 09:29) |
|
|
3 |
Encantoume o teu artigo , está cheo de razón , pe#blgtk08#na que non todo o mundo o comprenda . Un saúdo . |
|
|
Comentario por aNuskinha (07-02-2008 11:58) |
|
|
4 |
Grazas aN#blgtk08#uskinha. |
|
|
Comentario por Acuática (07-02-2008 14:37) |
|
|
5 |
Por que todas as bis ou tartara avoas se parecen?
#blgtk08#r />
É como se só houbera unha velliña común a tod@s nós. |
|
|
Comentario por Hermaco (07-02-2008 23:04) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|