|
|
|
|
Salón do libro |
|
Hoxe pola tarde falei do mar na poesía galega no Salón do libro de Pontevedra. Partín dunha pregunta previa sobre se as e os presentes consideraban que a visión que as e os poetas dan do mar é unha visión bucólica. En xeral consideraban que si, mais acabamos por ver como na nosa poesía o mar é símbolo da morte e aparece reiteradamente asociado a ela. Unha morte produto da dureza da vida no mar, morte do mariñeiro e tamén morte do emigrante.
Falei de máis cousas, do pouco que se recolle a figura da muller que agarda, a viúva do vivo (fala Rosalía, por exemplo) ... ou de como da man das mulleres (da escrita feminina) chega á poesía actual o tema das "suicidas no mar" ou o mar suicida como lle chamou Ana Romaní, falando de Virginia Woolf e de Alfonsina Storni (eu engadín a suicida de Soia, o poema de Rosalía).
Falei de Paio Gómez Chariño e da súa radical modernidade, un autor que posibelmente na Idade Media non tivese moita proxección pois os seus textos non lle dan ao mar o tratamento canónico naquela altura, mais por iso tamén, son hoxe moito máis interesantes para nós, mesmo diríamos que actuais.
Tamén falei do artigo de Manuel María ?A presencia do mar na poesía galega?, (Revista Internacional de los estudios vascos, ano 39, tomo XXXVI, nº 2, 1991, p.p. 313-338, Donosti)e coincidindo con el, tamén engado que aínda faltan moitos versos para construír unha épica do mar parella á épica do agro na nosa poesía.
|
|
|
|
4 Comentario(s) |
|
1 |
Grazas Acuátcia por lembarte do mar, na túa poesía e no teu discurso. Ogallá moit@s poetas deste país poidan facelo para recuperar o tempo perdido que debería estar adicado ao mar na nosa li#blgtk08#teratura. O mar foi o camiño da nosa máis importante historia universal, o camiño de Santiago é o segundo camiño a anos luz de distancia, o mar será o noso futuro, por iso debemos coidalo. |
|
|
Comentario por Hermaco (30-01-2008 10:15) |
|
|
2 |
Unha acuática coma min non p#blgtk08#odía deixar de falar do mar. |
|
|
Comentario por Acuática (01-02-2008 20:39) |
|
|
3 |
Hola Marta, gustoume moitisimo a tua conferencia, paseino realmente ben.Para min asistir as conferencias do salón do libro era obrigatorio para conseguir o credito da universidade.Teño que decir que#blgtk08# nun principio a de poesía era a que menos me interesaba e que resultou ser todo o contrario.Quería dicirte que grazas a tua conferencia teño un bo recordo das horas que tiña que facer alí.Un saudo! |
|
|
Comentario por Loli Regueira (28-02-2008 17:06) |
|
|
4 |
Grazas polas túas palabras, é moi gratificante que as persoas te escoiten e que che dean as súas impresións. Alédome de que finalmente che gustase a conferencia, por#blgtk08#que cando unha prepara estas cousas sempre ten a preocupación de se fará unha exposición atractiva e se despertará o interese pola poesía.
Grazas e un saúdo. |
|
|
Comentario por Acuática (02-03-2008 11:45) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|