|
|
|
|
Vou falar sen parar... en galego |
|
O martes Pilar García Negro falounos de lingua, unha vez máis. A conferencia, "O idioma galego: evidencias e necesidades", inserida dentro do ciclo NÓS DE ONTE A HOXE, organizado pola comisión Comarcal de Cultura do BNG, foi unha evidencia da necesidade de seguir falando do noso idioma, unha e outra vez.
Pilar falou da necesidade de recuperarmos a naturalidade de falar galego, naturalidade nos momentos, nos lugares, coas persoas, e incidiu no carácter colectivo do idioma, que existe sempre que é empregado por un conxunto de persoas. Tamén dixo que ningún pobo decide libre e soberanamente que desapareza a súa lingua.
Como digo, era unha conferencia necesaria, moi necesaria.
A anécdota púxoa unha persoa que relatou como en Sudáfrica, nun barco en que traballaban galegos, mulatos e bantús, estes últimos, que facían o traballo menos cualificado, non falaban ningún idioma co que se puidesen relacionar co resto do persoal do barco, só falaban bantú. Mais do contacto cos mariñeiros galegos aprenderon o noso idioma que finalmente foilles de moita utilidade, pois lles permitía relacionarse cos comerciantes daquela parte de África, maioritariamente de fala portuguesa.
Un bo exemplo da utilidade do noso idioma. Si.
Para rematar, eu convencinme unha vez máis da necesidade de ser exemplo vivo da idoneidade da miña lingua. Vou falar sen parar... en galego.
(por certo, a próxima conferencia do ciclo vai ser o martes 22, a cargo de Manuel Vilar, antropólogo, que vai falar de "Antropoloxías en Galiza", ás 20 horas no Centro Cultural Caixanova de Vigo, é dicir, no García Barbón) |
|
|
|
4 Comentario(s) |
|
1 |
Cando algunha persoa está conmigo, e teño confianza con ela, e desvía a súa conversa a falar en español diante dun interlocutor que non fala pero o e#blgtk08#ntende, dígolle: Fálalle bantú homee!!. Cousa tirada dos Resentidos.
Falemos pois e será o mellor xeito de demostrar que o idioma segue vivo. |
|
|
Comentario por Hermaco (21-01-2008 09:56) |
|
|
2 |
Pois eu lembro que, nunha ocasión, preguntáronlle a Reixa nun programa da tele por que falaba galego e el respostou que porque#blgtk08# era "Cherokee". Pois eu tamén son algo cherokee e algo sioux, falo bantú e son moi faladora cando me peta. A darlle a lingua! |
|
|
Comentario por Acuática (21-01-2008 14:33) |
|
|
3 |
Fermoso blog ...
Démoslle duro #blgtk08#ao galego ... galeguizándonos sempre . |
|
|
Comentario por aNuskinha (22-01-2008 00:04) |
|
|
4 |
Grazas Anuskinha. Tamén o seu blog é moi fermoso. E #blgtk08#aí estamos, estaremos, dándolle de seguido, sempre. |
|
|
Comentario por Acuática (22-01-2008 08:19) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|