acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Vanakkam benvidas
de WikipediaEste é o título do libro de poetas tamiles e galegas que vén de publicar Implicadas no desenvolvemento, un libro que inclúe un CD coa gravación das voces das poetas galegas que, ademais, puxemos voz ás poetas tamiles. Xusto me chega o libro hoxe que se cumpren cen anos do nacemento de Simone de Beauvoir, ou sexa, é coma un agasallo da casualidade, porque este libro, como di na súa introdución, "resume en forma de poesía unha maneira de traballar para cambiar o mundo", e non unha maneira calquera, senón "dende un enfoque de xénero", ou sexa coa intención de "dar visibilidade ás mulleres que nos países do sur fan tremendo esforzos para cambiar a súa realidade ante as dificultades máis complexas."

Eu estou agradecidísima de que Implicadas quixera contar coa miña palabra neste proxecto, xunto con Marilar Aleixandre, Yolanda Castaño, Yolanda López, María do Carme Kruckenberg, María Reimóndez , Chus Pato, e as poetas tamiles Salma, Kuti Revathi, Malathi Maithri, Sukirtharani ou Andal.

Este é o meu poema no libro:

Aquí estou ante o outono,
ao fondo un reloxo ordena este silencio.
Hai un sol de domingo
que adorna este escenario de incógnitas frecuentes

mais sei que o sol me mente.

Na distancia do día
as domésticas mans actúan sen descanso
mentres a mente está sentada no escritorio
ante un mapa imposíbel,
medindo a cada hora
o camiño até o punto que soñamos.

Neste barco da vida
hai horas de galerna e compases en branco,
ventos traizoeiros,
baixos intransitábeis
e o calendario voa sen chegar ao destino.
Este leme ignora por que non chega o tempo,
por que a man que o leva non acada ese porto
que soñou nas conversas que mentían a vida.

Tal vez navega ao pairo
porque nada se pode contra un vento que insiste
en cambiar este rumbo,

mentres
o mapa agarda
derrubado e distante.


Comentarios (4) - Categoría: textos editados - Publicado o 09-01-2008 21:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Moi boas, aínda que non salvei a miña débeda ficas convidada a xogar
http://w#blgtk08#ww.blogoteca.com/nasa/index.php?cod=29777
(coidado co colesterol)
;-)
Comentario por Nasa (11-01-2008 13:33)
2 Seguir o rumbo do vento permte coller folgos para virar e aproveitar a súa forza con outro rumbo. Moitas #blgtk08#veces navegamos a contra vento, pero se non medimos ven as forzas periga o pau maior e ameaza a zozobra.
Comentario por Hermaco (15-01-2008 13:51)
3 Procuraremos, pois, aproveitar debidamente a forza do vento e calcular co#blgtk08#n precisión até onde navegar na súa contra, mais sempre co leme nas mans.
Comentario por Acuática (15-01-2008 14:42)
4 goo#blgtk08#d!
Comentario por replica louis vuitton (06-02-2012 15:51)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0