|
|
|
|
Palabras contadas |
|
Lin estes días Palabras contadas, de Camilo Franco. Cando comecei lelo, despois de pousar durante uns meses na miña mesiña de noite, lembreime da presentación que Camilo fixo o 25 de xullo no Festigal, dicía el, moi en serio aínda que parecía broma, que o que quería era que mercáramos o libro. Pois eu non o merquei, a min mercáronmo (debe ser case o mesmo) e ademais lino.
Gustoume. Hai relatos (debería dicir microrelatos?) moi logrados: "O cristo de Kafka", "A dor"..., e algúns fermosamente poéticos, coma "Rúa Lepanto", "Fío de agulla" ou "14 de febreiro". Camilo Franco domina a distancia en que se move e préndenos aos seus textos. Porén non me gustaron tanto as personaxes femininas do libro, ou outros estereotipos, porque son preconceptos que moitas rexeitamos... É intencional? Non o sei, mais hanme dicir que leo desde a miña óptica feminista (sempre, non podo evitalo, é de nacemento, creo que lle pasa o mesmo a unha parte importante da poboación, tanto como á outra lle pasa o contrario).
Reitero, o libro gustoume. Moito. Para que vexades, comeza así:
"Historia universal
A especie está afeita á morte pero os individuos non."
|
|
|
|
4 Comentario(s) |
|
1 |
Concordo contigo, as personaxes femininas están cortadas polo mesm#blgtk08#o patrón, puro estereotipo. Dende o IES Lagoa de Antela un saúdo. |
|
|
Comentario por Carmen (09-01-2008 12:48) |
|
|
2 |
Ola Carmen! Ti por #blgtk08#aquí! Unha aperta. |
|
|
Comentario por Acuática (09-01-2008 14:49) |
|
|
3 |
Este ano ou o próximo contratámoste para un recitaliño no centro, queda #blgtk08#dito. Entra na nosa páxina e bótalle un ollo, admítense suxestións. Bks. |
|
|
Comentario por Carmen (10-01-2008 11:57) |
|
|
4 |
De ac#blgtk08#ordo. |
|
|
Comentario por Acuática (10-01-2008 15:11) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|