|
|
|
|
58 anos do pasamento de Castelao |
|
 Hoxe fanse 58 anos do pasamento de Castelao e non podo deixar de lembralo aquí, porque é para min unha persoa admirábel, un dos mellores galegos que ten nacido. Un home que viviu para o noso país e ao que lle debemos agradecer a situación de hoxe, porque moito do que hoxe temos non tería sido posíbel sen o seu empeño, a teima súa de que se tramitase o Estatuto, a súa defensa do goberno lexítimo...
Admiro a Castelao e o que representa, a calidade daqueles homes e mulleres. Moitas veces me pregunto que os levou a entregarse de tal xeito e admírome da súa forza, da súa clarividencia, do seu exemplo.
Castelao foi ademais un ARTISTA, en maiúsculas, un creador de beleza, da beleza máis sensíbel e comprometida.
Insisto. A miña admiración.
|
|
|
|
3 Comentario(s) |
|
1 |
Hai persoas que nacen creadoras, da igual de que cousa, arte, literatura, país, etc, ou de todas elas. Son daqueles poucos forxados pola historia que valen para todo e fan qu#blgtk08#e o resto non nos sintamos máis alá de mediocres ao seu carón. Afortunadamente na Galiza temos mostra dunhas cantas persoas así. Concordo nos comentarios acuáticos.
|
|
|
Comentario por Hermaco (07-01-2008 22:06) |
|
|
2 |
Um abraço para a Galiz#blgtk08#a!!!
:) |
|
|
Comentario por delta (08-01-2008 00:22) |
|
|
3 |
Eu aínda non sei se dei expresado o moito que me admira a s#blgtk08#úa obra (política, literaria, plástica...) e o seu empeño. |
|
|
Comentario por Acuática (08-01-2008 08:32) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|