|
|
|
|
O derradeiro libro que leo este ano |
|
O derradeiro libro que leo este ano é Fundaxes de Martín Veiga, premio Fiz Vergara Vilariño. Poesía que nos fala da memoria. Uns versos a xeito de sinopse do libro:
"Semella transcorrer a vida
entre a indiferencia
e o temor
neste tempo de reconstrución
en que agora me sorprendo a min mesmo
neste tempo alleo
á experiencia do recordo
un tempo fragmentario
en constante disolución
como a memoria
como uns ollos a brillar
nas tebras das estancias
un mundo escuro desfeito en cinzas
na quietude e mediatarde
das lagoas outonais."
E estes os versos dos que máis gustei:
"que acaso a poesía
sexa só unha forma de restituír
un tempo que resulta tan distante
un xeito de recuperar a vida
das ruínas do pasado
das brumas espesas
que envolven as olladas" |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|