acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

A aurora boreal en galego
Xa sei que hoxe por hoxe somos utilizados indirectamente polo mercantilismo para facer publicidade, seino, mais neste caso voume deixar utilizar conscientemente. Veredes por que.

Estes días previos ao Nadal xusto se puxo nos cines a película La brújula dorada, ao mesmo tempo que aparecía nas librerías o libro do mesmo título, obra do inglés Philip Pullman. A película resultoume particularmente interesante, entre outras cuestións porque as personaxes ás que dá vida o autor teñen como característica diferenciadora o seu daimon, na película un animal que se identifica coa persoa e que como ela sofre, e que con ela actúa e pensa. Interesante ademais porque esta obra de Pullman ten fontes literarias e culturais recoñecíbeis, e non se limita a construír un mundo de fantasía, senón que o fai cun discurso moi concreto, que non lle pasou desapercibido á Igrexa católica, quen rapidamente censurou a obra.

Así que pensei que regalar o libro que dera lugar á tal película era unha boa idea, especialmente porque saíra ao mesmo tempo en galego ca en castelán. E iso fixen (Sshh! que non se entere), comprei A aurora boreal, pois ese é o seu título. E por iso escribo, porque o libro ten un pequeno defecto, unha portada pouco chamativa, ou menos chamativa cá da versión española, ademais de que os libreiros é esta última a que poñen no escaparate. Así que xa volo digo, hai versión galega, que non se vos pase se tedes un adolescente ao que agasallar.

Por certo, que outra das miñas curisosidades era que habían facer coa tradución do título, Northern Lights en inglés, cando a tradución ao castelán fora La brújula dorada, pois traducírono como corresponde por A aurora boreal e puxéronlle unha faixa na que se pode ler que o libro é a novela en que se basea a película La brújula dorada, boa solución.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-12-2007 20:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Ben polos galegos que son fieis a obra orixinal. Encantoume a persoaxe do oso polar, sobre todo cando dunha gadoupada arríncalle o maxilar ao opoñente, claro, quedouse impresionado o tipo!, hahaha.
Todo é moi discutible, pero logo de pensar moito cheguei á conclusión que o DAIMON non é outra cousa que o MINOTAURO de cada un, #blgtk08#so que dentro do seu labirinto cerebral, dende logo non é tan bonito como o pintan na peli, máis ben se parece aos daimons dos soldados tártaros da peli, por iso non se pode matar ao minotauro porque un tamén sucumbe, somos inseparables, a nosa apariencia racional, e en vixía, do noso monstruoso interior instintivo e inconsciente.
Comentario por Hermaco (27-12-2007 07:28)
2 Vexo que sigue interesado no minotauro. Eu#blgtk08# sigo pendente de agarimalo e domesticalo.
Comentario por Acuática (27-12-2007 08:28)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0